Ver a versión en liña

Resólvese a cuarta edición das Unidades Mixtas de Investigación

O DOG de hoxe publica a resolución da edición de 2017 das axudas para a creación e consolidación de Unidades Mixtas de Investigación (UMI). Con esta nova edición, o programa suma tres novas unidades e a consolidación doutras tres, acadando as 30 Unidades Mixtas. O obxectivo desta iniciativa é favorecer a transferencia da I+D+i ao tecido industrial e buscar, mediante a cooperación público-privada, a atracción de empresas a Galicia.

DOG coa resolución
UNIDADES APOIADAS

Con esta nova convocatoria apoiaránse unidades nos sectores da automoción, aeronáutica, naval, TIC e farmacéutico. As novas unidades son as formadas por ITG e Star Defence Logistics&Engineering no eido da aeronáutica; Gradiant e Telefónica Digital España no campo das TIC; e Aimen e o Grupo Copo no ámbito da automoción. Ademais, promoveráse a consolidación doutras tres unidades: USC-Esteve para o descubrimento temperán de fármacos; Aimen-Wartsila para o desenvolvemento dunha nova xeración de compoñentes navais para a liña dos eixos de buques; e Aimen-GKN para a fabricación sustentable de alto rendemento de novos compoñentes de transmisións.

AS UMI EN CIFRAS

As 30 Unidades Mixtas constituídas conlevan unha mobilización de fondos de 94 millóns de euros, cunha axuda por parte da Xunta de Galicia de 28 millóns de euros e permiten a creación e mantemento de preto de 450 empregos de alta cualificación. Nesta edición, a axuda pública ascende a 5 millóns de euros, cos que acadará unha mobilización de 17 millóns. En 2018 está previsto publicar unha nova convocatoria deste programa.

Novas

Ver Todas

06 de Novembro de 2017

Os orzamentos da Axencia Galega de Innovación medran por quinto ano co foco posto no talento e a competitividade empresarial

A directora xeral de GAIN, Patricia Argerey,  sinala que os recursos desta Axencia crecen máis dun 26% situándose preto dos 80 millóns de euros con retos claros e unha estratexia definida.

Ler máis

30 de Outubro de 2017

A XUNTA ABRE O PRAZO DE SOLICITUDE DOS NOVOS INSTRUMENTOS FINANCEIROS INNOVADORES COS QUE SE APOIARÁN MÁIS DE 100 PROXECTOS DE PEMES GALEGAS

O Diario Oficial de galicia publicou o 30 de outubro este programa co que se prevé mobilizar 60 millóns en investimentos en Industria 4.0, emprendemento e innovación.

Ler máis

26 de Outubro de 2017

O GOBERNO GALEGO MOBILIZA 60 MILLÓNS DE EUROS PARA DAR UN NOVO PULO Á INNOVACIÓN COMO BASE DO NOVO MODELO INDUSTRIAL

Subliña que nesta convocatoria, como novidade, poderán beneficiarse do programa as pequenas empresas.

Ler máis
13
Novembro

Encontro UMIX

O próximo día 13 de novembro celebrarase este acto de posta en valor das Unidades Mixtas de Investigación constituidas en Galicia entre empresas líderes nos seus sectores, e centros de coñecemento galegos. A inscrición realizarase baixo invitación.

Programa

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal