Ver a versión en liña

Galiciencia exhibirá 79 proxectos escolares de centros de Galicia, Asturias, Cataluña, Euskadi e Andalucía

A feira científica da Tecnópole, Galiciencia, chega este ano á súa duodécima edición. Entre o mércores 22 e o venres 24 de novembro exporanse 50 proxectos de Secundaria e Bacharelato e 29 de Primaria no recinto do Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) en San Cibrao das Viñas. Este evento conta coa colaboración da Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia e da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT).

Páxina web de Galiciencia
A astronomía, tema central

As actividades paralelas deste ano xirarán arredor da astronomía. Xa en primavera se lanzou o desafío “Atrévete coa astronomía!”, que pasou varias probas eliminatorias e que se resolverá durante a feira. Tamén haberá obradoiros nos que os máis pequenos se poderán iniciar na astronomía e visitar o planetario. Os maiores, pola súa banda, terán oportunidade de afondar na cultura da astronomía e a súa relación coa informática. Por último, celebrarase un espectáculo científico que terá como protagonistas as galaxias, os planetas e as estrelas que poderá seguirse por streaming.

Horarios

Ademais das visitas de grupos escolares de toda Galicia, o acceso á feira é libre e gratuíto para familias e público xeral polas tardes. Os horarios de apertura da exposición de proxectos son: de 10 a 13 horas e de 15 a 18 horas mércores e xoves, mentres que o venres só abrirá pola mañá.

Novas

Ver Todas

13 de Novembro de 2017

Conde sinala que o traballo que desenvolven as Unidades Mixtas de Investigación permite que o talento e a ciencia saian do laboratorio e se instalen na industria

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no encontro UMIX, Mesturas gañadoras que reuniu na Cidade da Cultura unha representación das iniciativas postas en marcha desde 2014

Ler máis

11 de Novembro de 2017

Galicia reúne a organismos europeos relacionados coa innovación e o deseño para identificar boas prácticas en apoio financeiro

No marco do proxecto europeo Design4Innovation, no que a Axencia Galega de Innovación participa xunto con outros sete socios europeos, desenvolvéronse visitas ás empresas Finsa, en Santiago; Arturo Álvarez, en Vedra, e ao obradoiro artesán de Anna Champeney, en Teixeira (Ourense).

Ler máis

10 de Novembro de 2017

A Xunta destaca a importancia de difundir os proxectos de innovación con éxito para animar ás pemes a xerar novas ideas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou o pasado venres en Ourense na mesa redonda “Comunicación e innovación: informar máis e mellor” no marco do V Foro da Comunicación de Galicia.

Ler máis
22
Novembro

InfoDay Solucións dixitais na xestión da auga e H2020 Reto Social 5

Esta xornada busca promover a participación dos axentes galegos no programa de financiamento europeo Horizonte 2020 e, máis concretamente, no Reto Social 5 centrado na acción polo clima, medio ambiente, eficiencia dos recursos e materias primas.

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal