Ver a versión en liña

Resólvense as axudas do Programa Innovapeme 2017

A Axencia Galega de Innovación publica hoxe no DOG a resolución das axudas do Programa Innovapeme 2017 a través do que se conceden máis de 4,7 millóns de euros para mellorar a capacidade innovadora de 49 microempresas e pemes galegas.

Resolución Innovapeme
A RESOLUCIÓN EN CIFRAS

Das 49 entidades que se beneficiarán destas axudas para o financiamento de plans de innovación, o 45% son pequenas empresas; o 33%, micropemes e o 22% restante, medianas empresas. Máis da metade das empresas beneficiarias non tiñan recibido unha axuda da Axencia Galega de Innovación antes.

No 90% dos casos, as empresas beneficiarias colaborarán ademáis con algún organismo de investigación público ou privado con sede en Galicia.

OBXECTIVO DO APOIO

O obxectivo desta convocatoria é mellorar o desempeño innovador das pequenas e medianas empresas galegas, co cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), a través da sistematización, potenciación ou optimización da súa actividade innovadora. As empresas beneficiarias teñen que executar a partir de agora un plan de innovación dunha duración mínima dun ano. Tras a súa implementación, o obxectivo é que obteñan: mellores indicadores de innovación; máis produtos e procesos innovadores no mercado; ou mellores e máis eficientes procesos que as fagan máis competitivas.

Novas

Ver Todas

29 de Novembro de 2017

A Xunta destaca que a incubadora activada con Janssen e a Fundación Kaertor fará de Galicia un polo de innovación no descubrimento de novos fármacos

Conde pon en valor a magnitude internacional da iniciativa, que recibiu máis de 150 propostas, a súa capacidade para atraer o mellor talento á Comunidade galega e a oportunidade que supón para a creación de emprego de alta cualificación.

Ler máis

05 de Decembro de 2017

Conde salienta a aposta do coworking do CIS Madeira pola innovación forestal para explorar novos usos da madeira

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, coñeceu no polígono industrial de San Cibrao das Viñas, en Ourense, os 20 proxectos que están impulsando 27 emprendedores a través do coworking do CIS Madeira, pioneiro por ser o primeiro en Galicia dedicado ao ámbito forestal.

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.