Ver a versión en liña

Galicia conta coa primeira incubadora de novos fármacos de España

Grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia, a Fundación Kærtor, liderada polos científicos galegos Mabel Loza e Ángel Carracedo, e a multinacional farmacéutica Janssen, Galicia dispón da primeira incubadora de novos fármacos de España.

Máis información
Obxectivos

Enmarcada na Estratexia de Impulso á Biotecnoloxía de Galicia, o obxectivo desta iniciativa é converter Galicia nun referente internacional na aceleración de proxectos do ámbito farmacéutico, atraer empresas biotecnolóxicas a este polo de descubrimento de fármacos e contribuír ao impulso do ecosistema biotecnolóxico galego.

CIFRAS

Dende o pasado mes de xullo en que se abriu a convocatoria de proxectos, recibíronse 157 expresións de interese procedentes de toda España e doutros países como Francia, Bélxica, Alemaña, Reino Unido, Brasil e Canadá. Ademais, prevese que cree 20 postos de traballo de alta cualificación, dos que 8 xa se xeraron, e contribúa así a atraer e reter talento na nosa Comunidade. O investimento público-privado neste programa ascende a algo máis de 2 millóns de euros para o periodo 2017-2018.

Novas

Ver Todas

12 de Decembro de 2017

Conde aposta por un modelo de investigación aberto e colaborativo para avanzar na transferencia da tecnoloxía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe na entrega dos III Premios á transferencia de tecnoloxía que impulsan a Xunta e a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC)

Ler máis

09 de Decembro de 2017

A Xunta destaca a importancia de apostar por mellorar a capacidade innovadora das pemes e micropemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, visitou a empresa lucense Comenza, especializada en sistemas de varandas de vidro e receptora de varias axudas da Xunta de Galicia para o desenvolvemento dun plan de innovación e para a contratación dun técnico de I+D+i

Ler máis

08 de Decembro de 2017

A Xunta impulsa a mobilización de 9,5M€ en innovación en 49 empresas galegas a través do programa pioneiro Innova Peme

O obxectivo é que lancen novos produtos e servizos ou melloren os seus procesos a través de axudas que alcanzan preto dos 100.000 euros de media por beneficiario

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.