Ver a versión en liña

European Industry Day

Os próximos 22 e 23 de febreiro, celebrarase en Bruxelas o a II edición do European Industry Day. O obxectivo principal do evento será recompilar opinións sobre as acción de apoio á Industria intelixente e sostible da Comisión Europea e, así como debater sobre as áreas estratéxicas que poderían requerir novas iniciativas.

Web do European Industry Day
Obxectivos do evento

Cunha ampla variedade de participantes representando á industria, á investigación e innovación, aos organismos públicos ou á sociedade civil, o evento tamén serve como foro no que a industria europea pode amosar as súas actividades e ofrecer as súas suxestións para o futuro.

As áreas temáticas nas que se centra a edición deste ano serán Industria e territorio, Industria e persoas e Industria e tecnoloxías.

O European Industry Day 2018 terá lugar durante os días:

  • 22 de febreiro: cunha serie de obradoiros, seminarios e outros eventos en torno a varias temáticas concretas.
  • 23 de febreiro: celebrarase unha conferencia coa participación de relatores e expertos de relevancia.

En paralelo a estas actividades en Bruxelas, distintas organizacións, empresas e entidades públicas organizarán eventos nos seus países como parte da “European Industry Week”.

Durante as sesións do dia 22, un representante da Axencia Galega de Innovación, exporá a iniciativa galega para a posta en marcha dos Hubs de Innovación Dixital.

Novas

Ver Todas

23 de Xaneiro de 2018

A Xunta presenta o proxecto de Rozas a 24 institucións e empresas europeas vinculadas á investigación ambiental a través do uso de aeronaves

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, deu  a benvida aos membros do consorcio do proxecto europeo EUFAR2 que se reúnen esta semana en Lugo para celebrar a súa asemblea xeral, organizada polo Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial (INTA)

Ler máis

Próximos Eventos

Ver todos
07
Febreiro

Programa de investimentos de empresas estranxeiras en actividades de I+D

ICEX España Exportación e Inversiones, en colaboración coa Axencia Galega de Innovación, organiza esta xornada que se celebrará en Santiago de Compostela, o día 7 de febrero de 2018. Esta actividade está dirixida ás empresas con capital estranxeiro, que desenvolvan actividades de I+D.

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.