Ver a versión en liña

A Xunta impulsa a mellora dos servizos públicos a través da innovación con dúas novas licitacións dirixidas á serguridade aérea e a xestión forestal

O Consello da Xunta de Galicia aprobou hoxe a próxima publicación das dúas novas licitacións para a compra de solucións innovadoras baseadas en sistemas aéreos non tripulados. O fin destas novas licitacións é mellorar a prestación de servizos públicos en dous ámbitos: a xestión e seguridade do tráfico aéreo e a xestión e control forestal. O orzamento de ambas licitacións ascende a 7,2 millóns de euros, cofinanciados nun 80% a traves de Fondos FEDER. A fórmula de contratación será a Compra Pública Innovadora.

Referencia do Consello da Xunta
Próximos pasos

Tras a aprobación por parte do Consello da Xunta, remitiranse os anuncios ao Diario Oficial da Unión Europea (DOUE) para a súa publicación. A partir dese momento, comezará o procedemento de contratación que se agarda esté adxudicado a comezos do segundo semestre deste ano.

Programa de Solucións

Estas licitacións enmárcanse no Programa de Solucións da Civil UAVs Initiative, unha iniciativa que pretende utilizar a demanda pública para fomentar o desenvolvemento do Polo tecnolóxico e industrial de Rozas. O contido destas contratacións é resultado dun intenso proceso de consultas e de participación público-privada no que interviron máis de 200 empresas e todas as consellerías da Xunta identificando tecnoloxías e funcionalidades que cubrirán necesidades de determinados servizos públicos.

Xornada de presentación o 19 de febreiro en Rozas

Co obxecto de dar a coñecer o novo marco regulamentario que afecta aos vehículos aéreos non tripulados (UAV), os procedementos de contratación e os programas funcionais das dúas licitacións, celebrarase unha xornada técnica o vindeiro 19 de febreiro en Rozas (Castro de Rei). Habilitarase así mesmo un espazo de coworking para que os asistentes que o desexen poidan manter reunións co obxectivo de establecer posibles colaboracións. Podes consultar o programa e inscribirte a través da sección eventos da nosa web.

Próximos Eventos

Ver todos
12
Febreiro
Taller de presentación Conecta Peme 2018 en Vigo

14
Febreiro
Taller de presentación Conecta Peme 2018 na Coruña

14
Febreiro
H2020: Transporte intelixente, ecolóxico e integrado

16
Febreiro
Taller de presentación Conecta Peme 2018 en Ourense

Novas

Ver Todas

07 de Febreiro de 2018

A Xunta presenta a convocatoria Conecta Peme para este ano co obxectivo de mobilizar 50M€ no fomento da innovación empresarial

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), comeza hoxe unha serie de xornadas de presentación desta liña de apoios nas catro provincias galegas

Ler máis

06 de Febreiro de 2018

Conde destaca que o Plan Galicia Innova 2020 pon o acento nas persoas para anticiparse aos novos retos e ser máis competitivos

A Xunta prevé mobilizar 1775 millóns de euros ata 2020 para que Galicia sexa unha terra fértil na cal as ideas se transformen en actividade económica e industrial máis competitiva, innovadora e sustentable, o que xerará emprego de calidade e benestar social

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.