Ver a versión en liña

Convócanse os dous primeiros retos da aceleradora Industria 4.0

A aceleradora de innovación promovida por Telefónica e a Xunta de Galicia “Galicia Open Future: Retos Industria 4.0” vén de abrir as súas dúas primeiras convocatorias. O obxectivo desta iniciativa é impulsar o sector industrial de Galicia conectando o novo talento innovador con empresas tractoras de sectores estratéxicos para Galicia. Os participantes deben presentar solucións a retos formulados por seis empresas no ámbito da implantación da Industria 4.0.

Retos abertos

O pasado mércores 14 de febreiro abríronse as dúas primeiras convocatorias propostas polas empresas Finsa e Nova Pescanova. As persoas emprendedoras, startups, pemes ou organismos de investigación que desexen participar deberán propor solucións aos seguintes retos:

- Es capaz de propor solucións que consigan modelizar os datos recollidos por Nova Pescanova nas súas piscifactorías para predicir e correxir comportamentos, optimizando a toma de decisións presentes e futuras? O obxectivo de Nova Pescanova é conseguir unha maior eficacia á hora de tomar decisións que maximicen a produtividade na sementeira extensiva do langostino. Máis información

- Atréveste a propor solucións tecnolóxicas que doten de capacidades dixitais aos materiais do hábitat e mellorar a vida das persoas? O obxectivo de Finsa é obter solucións dixitais que permitan acceder aos elementos de sensórica preinstalados nos produtos, extraer os datos, tratar a información e executar accións para mellorar o hábitat. Máis información.

Beneficios

O prazo de presentación de solucións para estes dous retos, de xeito telemático a través da plataforma Galicia Open Future, pecha o 14 de marzo de 2018. As mellores ideas (ata 10 proxectos) poderán participar nunha viaxe de cocreación, no que poderán coñecer en profundidade a problemática do reto proposto, así como o funcionamento da empresa tractora (Nova Pescanova ou FINSA, neste caso) e o proxecto gañador poderá desenvolver un piloto real na empresa, sufragado por esta, ademais de recibir unha axuda de 20.000 euros por parte da Xunta de Galicia, así como acceder a un préstamo reembolsable de ata 100.000 euros. Ademais, o gañador e os tres finalistas de cada reto participarán nun programa de aceleración dos seus proxectos empresariais que se desenvolverá durante 4 meses na Cidade da Cultura. Convocaranse catro retos máis promovidos igualmente por empresas de referencia galegas.

Próximos Eventos

Ver todos
16
Febreiro
Taller de presentación Conecta Peme 2018 en Ourense

19
Febreiro
Civil UAVs Initiative: Novas licitacións abertas do Programa Solucións

22
Febreiro
Xornada Fortissimo: Casos de aplicación do HPC na industria galega

01
Marzo
NANOeaters Day

Novas

Ver Todas

08 de Febreiro de 2018

A Xunta presenta en Lugo o programa Conecta Peme destinado a apoiar proxectos de I+D+i coa cooperación entre empresas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), comeza hoxe unha serie de xornadas de presentación desta liña de apoios nas catro provincias galegas

Ler máis

08 de Febreiro de 2018

A Xunta busca mellorar a seguridade aérea e a xestión ambiental a través de dúas contratacións cun investimento de máis de 7M€

A Xunta prevé mobilizar 1775 millóns de euros ata 2020 para que Galicia sexa unha terra fértil na cal as ideas se transformen en actividade económica e industrial máis competitiva, innovadora e sustentable, o que xerará emprego de calidade e benestar social

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.