Ver a versión en liña

Xornada Galicia en Dixital. Industria 4.0: Compartimos este camiño?

Telefónica e a Xunta de Galicia celebran o vindeiro 28 de febreiro na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) unha xornada que servirá para facilitar o encontro e a participación dos axentes máis representativos de Galicia co obxectivo de compartir os avances e as tendencias relacionados coa Industria 4.0.

Máis información
Obxectivos

Este evento enmárcase no programa de aceleración “Galicia Open Future: Retos Industria 4.0”, unha iniciativa conxunta de Telefónica e Xunta para o desenvolvemento dun programa de innovación aberta con obxecto de impulsar o sector industrial da nosa comunidade, aspirando a posicionarse como punto de conexión entre o novo talento emprendedor innovador, tanto local como internacional, e as empresas tractoras de Galicia.

Lembrámosche que actualmente xa están abertas as convocatorias dos dous primeiros retos: os formulados por Finsa e Nova Pescanova e que as persoas emprendedoras, startups, pemes ou organismos de investigación que desexen participar poderán propor solucións ata o 14 de marzo de 2018.

Se desexas asistir á xornada podes consultar o programa e confirmar asistencia a través do procedemento indicado na sección eventos da web de GAIN.

Eventos

Ver todos
01
Marzo

Nanoeaters Day

Máis información
02
Marzo

Hubs de Innovación Dixital: Novos marcos de colaboración

Máis información

Novas

Ver Todas

21 de Febreiro de 2018

A Xunta aposta polo uso de solucións tecnoloxicamente avanzadas, como os drons, para modernizar o sector primario

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde en Lugo na inauguración do III Simposio Nacional e o I Ibérico de Enxeñaría Hortícola centrado no uso dos drons e satélites en agricultura, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela en colaboración coa Sociedade Española de Ciencias Hortícolas (SECH).

Ler máis

19 de Febreiro de 2018

Conde avanza que en 2020 estarán executados os 150 M€ programados nos proxectos do polo tecnolóxico e industrial de Rozas para facer de Galicia un referente do sector

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, participaron no workshop celebrado en Rozas para presentar as dúas novas licitacións, centradas na seguridade aérea e na xestión forestal

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.