Ver a versión en liña

Hubs de Innovación Dixital

O venres pasado presentamos nun acto en Santiago de Compostela os Hubs de Innovación Dixital, un novo instrumento previsto no Plan Galicia Innova 2020 para dinamizar a innovación e que implica un novo marco de colaboración público-privada, aberta e intelixente.

Que son os Hubs?

Os Hubs de Innovación Dixital son estruturas que manteñen, expanden e crean dinámicas rexionais de innovación. Inclúen un ou máis Centros de Competencia e activan, apoian e estimulan a valorización da innovación por parte das Pemes, proporcionándolles servizos para a xeración de valor empresarial baseado na innovación:

  • As empresas provedoras de innovación poderán madurar as súas tecnoloxías e ampliar as súas aplicacións, abrindo novos mercados.
  • As empresas obterán apoio para levar ao mercado novos produtos e servizos competitivos, tendo acceso á incorporación e o aproveitamento das tecnoloxías máis novidosas para mellorar a súa competitividade e posicionamento global. 
  • Os centros de competencias estenderán as súas actividades a proxectos industriais abrindo modelos de negocio sostibles.
Que se persegue?

O obxectivo deste modelo é reforzar e avanzar na especialización intelixente de Galicia para aproveitar mellor as súas fortalezas e oportunidades, concentrando os recursos e infraestruturas en torno a ámbitos estratéxicos para Galicia (Industria 4.0, Aeronáutica e Bioeconomía), baixo o principio da autosostibilidade a medio prazo para maximizar o seu impacto en termos de competitividade global. Ademais, os Hubs estarán conectados á Rede Europea de Hubs de Innovación Dixital.

Se queres ampliar esta información, podes acceder ás presentacións que se realizaron na xornada a partir de mañá na seguinte ligazón.

Próximos Eventos

Ver todos
22
Marzo
NANOeaters Day

Novas

Ver Todas

07 de Marzo de 2018

A Xunta apoia en Lugo os proxectos de investigación especializados en biomedicina veterinaria

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), comeza hoxe unha serie de xornadas de presentación desta liña de apoios nas catro provincias galegas

Ler máis

06 de Marzo de 2018

Conde sinala que as empresas que crecen sobre a base do talento, a dixitalización e a formación conformarán a industria do futuro

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo na entrega da XI edición Premios Emprendedor XXI impulsados por Caixabank e Enisa, no que resultou gañadora a empresa Qubiotench centrada en aplicacións informáticas á diagnose clínico para facelo máis certeiro

Ler máis

02 de Marzo de 2018

Conde presenta os Hubs de Innovación Dixital como o mellor instrumento para desenvolver o ecosistema innovador galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago de Compostela na xornada ‘Hubs de Innovación Dixital. Novos marcos de colaboración’

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.