Ver a versión en liña

Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018

A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Axencia Galega de Innovación (GAIN) convocan os Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018.

Bases dos Premios

Nesta cuarta edición, simplificamos as bases de xeito significativo e habilitamos un proceso de presentación totalmente telemático para facilitarlle a tarefa aos solicitantes.

O obxectivo destes galardóns é recoñecer o traballo dos/das investigadores/as e dos/das empresarios/as que apostan pola transferencia de coñecemento como base para o desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

TRES MODALIDADES
  1. Mellor traballo de investigación aplicada: dotado de 6.000€ netos, máis 4.000€ para a formación dun membro do equipo nun centro de investigación fóra de Galicia.
  2. Mellor caso de éxito en pemes: premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para pequenas e medianas empresas, dotado con 12.000€ netos.
  3. Mellor caso de éxito en grandes empresas: Premio ao mellor caso de éxito empresarial de transferencia de tecnoloxía para grandes empresas, dotado con 6.000€ netos para o grupo der investigación colaborador.

Próximos Eventos

Ver todos
20
Marzo
Oportunidades Industria 4.0 en Galicia: Conclusións

22
Marzo
NANOeaters Day

Novas

Ver Todas

14 de Marzo de 2018

A Xunta promove a innovación nos concellos galegos a través do impulso á Compra Pública Innovadora

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Santiago nunha mesa redonda sobre cidades innovadoras na que presentou as medidas de apoio da Xunta ao emprego da Compra Pública Innovadora (CPI) entre as administracións locais

Ler máis

14 de Marzo de 2018

Feijóo salienta o carácter innovador e punteiro da aceleradora Business Factory Auto que contribúe a situar o sector na primeira liña da industria 4.0

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe o carácter innovador e punteiro da aceleradora Business Factory Auto e a súa contribución a situar o sector na primeira liña da Industria 4.0.

Ler máis

13 de Marzo de 2018

A Xunta apoia a automoción na súa aposta pola innovación para aumentar a competitividade das empresas a través da industria 4.0

O director do Igape, Juan Cividanes, e a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, interviñeron hoxe en Vigo nas Xornadas para a transformación dixital da industria de automoción de Galicia organizadas por Ceaga

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.