Ver a versión en liña

Volve Con G de Ganadores, o noso blog de casos de éxito de innovación en Galicia

Despois dos vinte exemplos de innovación en Galicia publicados durante 2017 e máis de 7.500 visitas ao blog, retomamos a publicación de historias de éxito, apoiadas dun xeito ou outro pola Axencia Galega de Innovación da Consellería de Economía, Emprego e Industria. O primeiro caso desta nova xeira é un software desenvolto pola spin-off da Universidade de Vigo, Ancora, que permite trasladar a interface do noso móbil a unha pantalla máis grande de forma segura e que vén de ser presentado no Mobile World Congress en Barcelona.

Blog Con G de Ganadores
O tamaño da pantalla non importa

Unha das limitacións que tiñan ata agora os smartphones era o tamaño limitado das súas pantallas, que nos dificultaba visualizar certos elementos ou interactuar coas aplicacións. Para resolver esta problemática naceu Ancora I/O, un software que nos permite interactuar coa interface do móbil dende un computador ou un dispositivo conectado a el dun xeito cómodo e totalmente seguro, de tal forma que os datos nunca saen do teléfono e a conexión entre dispositivos faise a través dunha canle cifrada e un proceso de autenticación.

Este proxecto recibiu apoio do Programa Ignicia da Axencia Galega de Innovación en colaboración coa Fundación Barrié, que ten como obxectivo a transferencia ao mercado dos resultados do traballo dos investigadores de Galicia con potencial de transferencia e xeración de retorno económico no curto-medio prazo.

Novas

Ver Todas

05 de Abril de 2018

A tecnoloxía e a innovación son as claves dos 15 proxectos seleccionados por Viagalica para a fase de aceleración

Tecnoloxía avanzada, innovación e orixinalidade son as claves dos 15 novos proxectos seleccionados polo Comité Técnico de ViaGalicia, a aceleradora impulsada polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e a Xunta de Galicia.

Ler máis

29 de Marzo de 2018

Un colector de reciclaxe e a sede dunha empresa de enerxía, elixidos como casos de éxito de deseño e innovación en Galicia

Un comité formado por membros galegos do proxecto europeo Design4Innovation reuniuse a semana pasada en Santiago para seleccionar os dous proxectos que serán presentados en Malta en abril entre os 97 plans presentados.

Ler máis

26 de Marzo de 2018

A Xunta destaca a capacidade do laboratorio de radiofísica da USC para atender as necesidades da industria en sectores como o aeroespacial e sanitario

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou hoxe as instalacións que, coa incorporación a comezos deste ano dun acelerador liñal de electróns cedido polo Centro Oncolóxico de Galicia, convértese nun espazo único en España e dos poucos en Europa que dispoñen deste equipamento.

Ler máis

24 de Marzo de 2018

Conde destaca que o carácter pioneiro de ViaGalicia permitiu poñer en marcha 52 empresas que están a xerar 300 empregos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu hoxe en Nigrán ao Demoday da 5º edición desta aceleradora, onde se seleccionarán 15 dos 37 proxectos presentados nesta convocatoria nas sedes de Vigo e Lugo

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.