Ver a versión en liña

III edición do Vodafone Connecting for Good Galicia

O vindeiro luns, 7 de maio, abre a convocatoria da terceira edición da aceleradora de innovación Vodafone Connecting for Good Galicia, unha iniciativa da Fundación Vodafone España co apoio da Xunta de Galicia. O prazo de presentación pecha o 31 de xullo de 2018.

Máis información
Obxectivo e vantaxes dos participantes

O seu obxectivo é apoiar seis proxectos que resolvan , a través da innovación, algún reto social no ámbito da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, entre outros, para que se convirtan en negocios reais e os seus produtos e servizos despeguen con garantía de éxito.

Un xurado seleccionará ata un máximo de seis proxectos de emprendemento e valorarando especialmente o enfoque inclusivo á hora de ter en conta a persoas con discapacidade e persoas maiores.

Os proxectos seleccionados terán acceso ao Centro Vodafone Connecting for Good Galicia na Cidade da Cultura de Galicia e a un programa de formación e mentorizaxe. Ademais, o mellor proxecto recibirá unha axuda de 25.000 euros por parte de Gain e poderá optar a un préstamo participativo de Xesgalicia por un importe equivalente; o proxecto máis accesible recibirá 10.000 euros por parte de Vodafone; e o resto de finalistas un patrocinio de 2.000 euros tamén de Gain.

Edicións anteriores

Nas anteriores edicións do programa téñense beneficiado 12 proxectos, seleccionados polo seu potencial para contribuír á innovación social a través do uso das novas tecnoloxías. Os 5 proxectos finalmente gañadores destas edicións foron:

Mellor proxecto empresarial : na I edición Robobo e na II edición IT! Lab.

Premio Conectados pola Accesibilidade: na I edición Insulclock e na II edición repartiuse o premio entre Sense (Z) e 3DAcoustic.

O pasado 24 de abril tivo lugar, o acto de clausura da II Edición do programa de aceleración Connecting for Good Galicia.

Novas

Ver Todas

03 de Maio de 2018

Ganadores.gal: A túa cara é o pin máis seguro

Abrir unha conta bancaria, comprar un teléfono, mesmo alugar unha habitación de hotel. Todo isto é posible facelo xa cun simple clic do rato. Pero a dixitalización implica tamén un reto para a seguridade nos servizos que non poden ser anónimos. Quen está comprando? Gradiant creou unha tecnoloxía de recoñecemento facial que permite verificar a identidade dos clientes.
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.