Ver a versión en liña

Convocado o programa Principia, para a contratación de persoal investigador en empresas e centros de investigación

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado luns 21 de maio publicou a convocatoria da terceira edición do programa Principia, que permitirá a contratación de 110 mozos e mozas investigadores en empresas e centros de coñecemento galegos co fin de favorecer a súa carreira profesional, así como estimular a demanda no sector público e privado de persoal suficientemente preparado para acometer proxectos de I+D+i.

Máis información
Novidades desta edición

Poderán beneficiarse destas axudas as empresas con centro de traballo en Galicia ou os organismos de investigación públicos ou privados con sede en Galicia. Os contratos, cunha duración mínima dun ano, están dirixidos a mozos e mozas de ata 35 anos, titulados universitarios ou de FPII, cunha experiencia laboral non superior a 36 meses na súa categoría profesional.

As principais novidades desta edición son a limitación de contratos por entidade a un máximo de 5 para permitir un maior número de beneficiarios, que poderá chegar a 10 no caso de que queden remanentes, e que se puntuará especialmente ás entidades que contrataran traballadores nas dúas edicións anteriores e cumpriran o seu compromiso de contratación.

O prazo de solicitude estará aberto ata o 21 de xuño e nas vindeiras semanas celebraranse obradoiros de presentación da convocatoria en distintos puntos da xeografía galega.

Peche do prazo dos Premios de Transferencia

Queda unha semana de prazo, ata o xoves 31 de maio, para presentarse aos Premios de Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018 que convocamos a Real Academia Galega de Ciencias en colaboración con Gain para recoñecer casos de éxito en transferencia de coñecemento en Galicia. O galardón conta con tres modalidades: a primeira dirixida a grupos científicos que desenvolvan investigación aplicada; a segunda dirixida a pemes galegas e a terceira a grandes empresas que acrediten innovacións acadadas grazas á transferencia de tecnoloxía. Nesta edición, simplificáronse as bases e a presentación de candidaturas é totalmente telemática. A dotación total dos premios ascende a 28.000 euros.

Novas

Ver Todas

24 de Maio de 2018

Chegou a hora das mascotas na loita contra o cambio climático

A biomasa é un dos piares da transición enerxética a un novo modelo de consumo afastado dos combustibles fósiles. Cada vez é máis popular o seu uso na calefacción de fogares e industrias con pellets. A empresa galega Biomasa Forestal é a principal fabricante de España deste produto, que acaba de converter tamén nunha cama biodegradable para animais.
Ler máis

23 de Maio de 2018

A Xunta destaca a aposta da universidade galega polo sector aeronáutico a través do novo máster en sistemas aéreos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, asistiu esta mañá á presentación que a Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo da Universidade de Vigo e a Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela realizaron no aeródromo de Rozas sobre o novo Máster interuniversitario en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos non Tripulados, que comezará no curso 2018-19.
Ler máis

23 de Maio de 2018

Conde salienta que Galicia será referente en ciberseguridade ao contar co primeiro centro específico de España

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, asistiu esta mañá en Santiago de Compostela, á presentación do proxecto do primeiro centro de ciberseguridade de España, Tegra, enmarcado na Unidade Mixta de Investigación (UMI) que promoven Telefónica e Gradiant, coa colaboración da Xunta. No acto salientou que grazas a este centro específico, Galicia será referente en ciberseguridade.
Ler máis

Eventos

Ver todos
30
Maio

Financiamento de I+D+i empresarial. Axudas e actuacións de CDTI e GAIN en 2018

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.