Ver a versión en liña

III Edición da aceleradora Vodafone Connecting for Good Galicia

O pasado 7 de maio abriu a convocatoria da terceira edición do programa de aceleración Vodafone Connecting for Good Galicia, focalizado en proxectos de emprendemento no ámbito da innovación social. O programa está promovido pola Fundación Vodafone España e a Xunta de Galicia, no marco da Rede galega de aceleradoras. O prazo de presentación das posibles candidaturas permanecerá aberto ata o 31 de xullo de 2018.

Máis información
Obxectivo e beneficios

Trátase dunha iniciativa que ten por finalidade apoiar a emprendedores e pemes de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das novas tecnoloxías en Galicia, nos ámbitos da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, entre outros, e valorando de forma especial o enfoque inclusivo para os colectivos de persoas con discapacidade e persoas maiores.

Os seis proxectos seleccionados contarán con: formación, durante a fase de academia cunha duración de polo menos seis meses; mentoring, asesoría experta en temas de comunicación, vendas, negocio, dixitalización e accesibilidade para o desenvolvemento dun plan personalizado para cada proxecto; patrocinio a través da Axencia Galega de Innovación cunha dotación de 2.000€ e a posibilidade dun cheque RRHH da Fundación Vodafone para a formación e contratación dunha persoa con discapacidade que se incorpore ao equipo de traballo do proxecto en cuestión.

Así mesmo, poderán optar ao seguinte financiamento: unha axuda de 25.000 euros da Axencia Galega de Innovación, un préstamo participativo de Xesgalicia polo mesmo importe ao mellor dos seis proxectos para a súa execución e posta en marcha e o premio “Conectados pola Accesibilidade”, outorgado pola Fundación Vodafone, cunha dotación de 10.000€ ao proxecto que mellor incorpore os principios de accesibilidade universal.

Xornada de presentación

O vindeiro 21 de xuño celebrarase na Cidade da Cultura a xornada “Meetup Oportunidades de innovación 5G” aberta a todas as persoas con curiosidade polas novas tecnoloxías 5G e os seus retos e na que se presentará a convocatoria aberta da aceleradora Vodafone Connecting for Good Galicia. Tes máis información sobre a xornada na seguinte ligazón.

Novas

Ver Todas

30 de Maio de 2018

Conde salienta a colaboración público-privada e a coordinación entre diferentes administracións como clave para a I+D+i galega

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, apunta nunha xornada organizada co CDTI na Cidade da Cultura que a cooperación no ámbito autonómico, estatal e europeo permite achegar unha xanela única a emprendedores e investigadores.
Ler máis

Eventos

Ver todos
07
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en Lugo

08
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en Ourense

12
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en A Coruña

14
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en Vigo

15
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en Lugo (Ceao)

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.