Ver a versión en liña

Convocado o programa Industrias do Futuro 4.0 para apoiar grandes proxectos empresariais de I+D+i

O Diario Oficial de Galicia (DOG) do pasado luns 4 de xuño publicou a convocatoria da segunda edición do programa Industrias do Futuro 4.0, iniciativa que se coñece tamén como Fábrica Intelixente. Esta liña de axudas, dotada con 18,2 millóns de euros, permitirá apoiar proxectos de investigación industrial, desenvolvemento experimental e innovación en materia de organización e procesos de empresas ou agrupacións de empresas cun organismo de investigación.

Máis información
Obxectivos

O obxectivo destas axudas é atraer proxectos industriais cara Galicia, impulsar na comunidade a Industria 4.0, fixar tecido industrial e crear emprego de calidade. Todo elo a través de subvencións a fondo perdido, cofinanciadas polo Programa Operativo FEDER Galicia 2014-2020, que abranguen dende o 15% ata o 80% dos custos subvencionables, en función do tipo de empresa e do tipo de proxecto.

Beneficiarios

Poderán optar a estas axudas as empresas industriais con sede en Galicia ou as agrupacións dunha empresa ou empresas e un organismo de investigación. As principais novidades desta edición son que se inclúe a posibilidade de que as pequenas empresas se poidan presentar a este programa, rebáixase o orzamento subvencionable mínimo dos proxectos a 4 millóns de euros e ademais incorpórase a innovación en materia de organización e procesos como actividade subvencionable.

Prazo de solicitude

No tocante ao prazo de solicitude, haberá dúas datas de corte: ata o 4 de xullo para a primeira edición e ata o 28 de setembro, para a segunda, e nas vindeiras semanas celebrarase unha xornada técnica de presentación da convocatoria en Santiago de Compostela, da que informaremos puntualmente a través da sección Eventos da web de Gain.

Novas

Ver Todas

07 de Xuño de 2018

As galiñas dos ovos de ouro están en Lugo

Cada galego consume unha media de 254 ovos ao ano. Non faltan en ninguna cesta da compra. É un produto tan básico que podería pensarse que con el está xa todo inventado. Pero non. Granja Campomayor, que en 1945 era una pequena explotación familiar, hoxe é unha referencia no sector alimentario do país polo éxito da súa innovadora oferta, á que acaba de engadir ovos cociñados a baixa temperatura.
Ler máis

06 de Xuño de 2018

A Xunta presenta a súa iniciativa para a xestión e o control do tráfico aéreo compartido ante os principais expertos do mundo nesta materia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, participou en Madrid nun panel de expertos sobre xestión do tráfico aéreo de drons. Este panel inscríbese no programa da II Conferencia da Global UTM Association (GUTMA), organizada polas empresas ENAIRE e Everis Aeroespacial, Defensa y Seguridad, á que asisten os principais expertos a nivel internacional en control de tráfico aéreo de sistemas non tripulados.
Ler máis

04 de Xuño de 2018

Conde destaca o talento e a creatividade da nova xeración de empresas da automoción impulsadas na Business Factory Auto

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou no lanzamento da terceira edición da Business Factory Auto (BFA) que os proxectos que se están a desenvolver na segunda edición desta iniciativa permiten constatar o nivel de talento e creatividade que hai detrás da que xa é a nova xeración de empresas do sector da automoción.
Ler máis

Eventos

Ver todos
07
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en Lugo

08
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en Ourense

12
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en A Coruña

14
Xuño
Taller de presentación do programa Principia en Vigo

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a subscrición.