Ver a versión en liña

III edición da aceleradora especializada en automoción Business Factory Auto

Actualmente atópase aberta a III edición da aceleradora especializada en automoción Business Factory Auto (BFA). O obxectivo desta iniciativa de carácter vertical, é a aceleración e consolidación de proxectos especializados en automoción e a súa transformación en empresas innovadoras, viables e escalables, contribuíndo así a fortalecer a posición do sector e a incrementar a súa proxección internacional. O prazo de inscrición para participar neste programa da Rede Galega de Aceleradoras remata o vindeiro 22 de agosto.

Bases e formulario
Apoio a 20 proxectos

Nesta convocatoria, promovida pola Xunta de Galicia, a Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA), o Grupo PSA, o Consorcio da Zona Franca de Vigo (CZFV) e Vigo Activo S.C.R., seleccionaranse, na fase de aceleración, ata 10 proxectos que recibirán un apoio económico de 25.000 euros de axuda a fondo perdido concedida por GAIN e 100.000 euros en préstamos participativos (50.000 euros a través de XesGalicia e 50.000 euros a través de Vigo Activo).

Como na pasada edición, integrarase no programa unha fase de consolidación doutros 10 proxectos co obxectivo de dispor dun produto desenvolvido e vendas/ingresos recorrentes.

Nas dúas edición anteriores, a BFA xa ten impulsado 29 proxectos de emprendemento innovador no sector, tres deles seleccionados por PSA como mellores startups a nivel mundial, e 50 novos postos de traballo. A BFA é unha das aceleradoras nas que máis inviste a Xunta de Galicia, para chegar a mobilizar preto de 20 millóns de euros ata 2020.

Se desexades coñecer algún dos proxectos que foron seleccionados nas primeiras dúas edicións, podedes consultar toda a información na páxina web do programa: http://www.bfauto.es/gl/.

Aberto tamén o prazo da aceleradora Vodafone Connecting for Good Galicia

Tamén se mantén aberta a convocatoria da terceira edición da aceleradora de innovación Vodafone Connecting for Good Galicia, unha iniciativa da Fundación Vodafone España e a Xunta de Galicia, que apoia a emprendedores e pemes de recente creación cuxos proxectos de negocio contribúan á innovación social a través do impulso e uso das novas tecnoloxías en Galicia, nos ámbitos da educación, a saúde, a participación cidadá ou a accesibilidade, e valorando de forma especial o enfoque inclusivo para os colectivos de persoas con discapacidade e persoas maiores. O prazo de presentación pecha o 31 de xullo de 2018.

Máis información

Novas

Ver Todas

24 de Xuño de 2018

A Xunta celebra o Día Mundial do Deseño Industrial promovendo a colaboración entre os profesionais do sector e as empresas

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), celebra o vindeiro xoves 28 de xuño no CIS Galicia (Ferrol) o I Encontro de Deseño para a innovación empresarial.

Ler máis

27 de Xuño de 2018

Conde sinala que Galiciencia contribúe á aposta da Xunta polo talento e por espertar a vocación científica entre os máis novos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou hoxe en Santiago na presentación dos proxectos gañadores de Galiciencia 2018, onde destacou que se trata dun programa que contribúe á aposta da Xunta por fomentar o talento científico e innovador do futuro, un obxectivo que tamén se recolle no Plan Galicia Innova 2020.

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a subscrición.