Ver a versión en liña

Convocadas as axudas para a creación e consolidación de Unidades Mixtas de Investigación

A través desta quinta edición, prevese apoiar a creación de sete novas unidades mixtas de investigación e a consolidación doutras cinco. Ambas liñas suman unha dotación orzamentaria de 8 millóns de euros coa que se agarda mobilizar 27 millóns de euros en total e favorecer a creación e mantemento dun cento de postos de traballo cualificados.

Máis información
Axudas para unidades mixtas novas

Onte convocouse a través do DOG a liña de axudas para a creación de novas unidades mixtas de investigación. Esta liña coa que se agarda impulsar sete novas unidades mixtas, está dotada con 5 millóns de euros cofinanciados co programa operativo FEDER Galicia 2014-2020, mobilizará 17 millóns de euros e dará emprego a 60 persoas. As unidades mixtas son agrupacións dun organismo de investigación e unha única empresa, excepcionalmente dúas do mesmo grupo. Entre os criterios de valoración, teranse en conta a calidade científico-técnica das propostas, a súa adecuación aos retos da RIS3, a avaliación dos integrantes, o impacto tecnolóxico e socioeconómico e, como novidade, incorpórase a igualdade de xénero. O prazo de presentación de solicitudes comeza o 5 de xullo e pecha o 6 de agosto.

Consolidación de unidades mixtas

Por outra banda, o pasado 22 de xuño publicouse a liña de consolidación de unidades mixtas de investigación. Esta liña aspira a consolidar cinco unidades mixtas das creadas ao abeiro das convocatorias dos anos 2014 e 2015, está dotada con 3 millóns de euros, mobilizará uns 10 millóns e permitirá crear ou manter 40 postos de traballo. Entre os criterios de valoración destacan: a calidade científico-técnica da proposta, os resultados acadados, a internacionalización dos resultados, a detección de oportunidades de negocio ou a colaboración con pemes galegas. O prazo de presentación de solicitudes pecha o 23 de xullo.

Balance das cinco edicións

A aposta da Xunta de Galicia polas unidades mixtas de investigación permitiu apoiar 33 proxectos novos e consolidar outros 9 en sectores estratéxicos como a automoción, a alimentación, o naval, a saúde ou a enerxía. En total, estánse a mobilizar 121 millóns de euros e a crear ou manter 550 postos de traballo cualificados.

Novas

Ver Todas

05 de Xullo de 2018

Coas mellores vistas a medio mundo

Como calquera outra parte dun edificio, ademais da sempre subxectiva cuestión estética, as varandas teñen unha función arquitectónica e deben cumprir os requisitos de seguridade. É posible innovar en algo que parece tan básico? A empresa luguesa Comenza lévao facendo 14 anos cun sistema de módulos en vidro e aceiro inoxidable para dar solucións creativas e económicas a todo tipo de construcións.

Ler máis

28 de Xuño de 2018

Conde reivindica o deseño galego como a panca da innovación que permitirá a mellora da competitividade do tecido empresarial

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou en Ferrol no ‘I Encontro de deseño para a innovación empresarial en Galicia’, punto de arranque do programa da Xunta ‘Deseño para a innovación 2020’

Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a subscrición.