Ver a versión en liña

Encontro Principia: A primeira oportunidade para o talento en innovación

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, celebra este venres día 20 de xullo o Encontro Principia: A primeira oportunidade para o talento en innovación, no que se darán a coñecer experiencias de éxito de pemes galegas no marco desta iniciativa. Ademais, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, adiantará os principais datos da terceira edición deste programa.

Máis información
PÚBLICO DESTINATARIO

Os destinatarios do Encontro son os profesionais da innovación, así como as empresas e centros de coñecemento galegos interesados en contratar a dito persoal e así beneficiarse das axudas do Programa Principia.

Asistirán ao evento representantes das entidades que xa están a ser beneficiarias do programa, así como o persoal contratado, polo que os participantes poderán intercambiar coñecemento con base en experiencias reais.

PROGRAMA TALENTO-PRINCIPIA

A captación e retención de talento é unha prioridade da Xunta de Galicia, non só nas universidades e organismos de investigación, senón tamén nas empresas e centros tecnolóxicos galegos. Con este obxectivo, así como estimular a demanda por parte do sector público e privado de persoal para desenvolver tarefas de I+D+i, xurdeu en 2016 o programa Principia.

Durante o evento, daranse a coñecer tres experiencias concretas de pemes de diferentes sectores que teñen integrados nos seus cadros de persoal a profesionais Principia. AMSlab desde o ámbito da biotecnoloxía, Biomasa Forestal do da biomasa e Gabadi do naval son os tres casos que os asistentes poderán coñecer da man dos seus protagonistas.

PROGRAMA E INSCRICIÓNS
Se queres inscribirte a este encontro, podes atopar o programa do evento e o formulario de inscrición na web da Axencia Galega de Innovación, no seguinte enlace.

Novas

Ver Todas

14 de Xullo de 2018

A Xunta inicia a rolda de conversas cos axentes implicados no programa de deseño para a innovación 2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), inicia a próxima semana unha rolda de reunións de traballo cos axentes do ecosistema de deseño para identificar as súas necesidades estratéxicas e implicalos desde o principio no desenvolvemento do Programa de Deseño para a Innovación 2020, integrado no Plan Galicia Innova 2020.
Ler máis

16 de Xullo de 2018

Conde anuncia a primeira convocatoria para identificar os Hubs de Innovación Dixital que Galicia quere impulsar

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe durante o acto de clausura da segunda edición e apertura da nova convocatoria de Vodafone Connecting for Good Galicia, que se celebrou na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, que a innovación debe ser a resposta do tecido produtivo galego para resolver os novos retos económicos que están marcados pola dixitalización.

Ler máis

19 de Xullo de 2018

As leitugas e os tomates emancípanse da terra

Grazas á hidroponía hoxe é posible ver crecer produtos de horta en zonas de solos pouco fértiles ou con climatoloxía extrema. Este tipo de cultivos que substitúen a terra por auga e nutrientes son cada vez máis populares, unha panca para a agricultura sustentable do futuro. A pesar da súa recente creación, en 2015, a galega H2 Hydroponics é xa unha referencia do sector con proxectos en Groenlandia, Indonesia ou Qatar.
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.