A Axencia Galega de Innovación e o IGAPE, organizan unha xornada o próximo día 30 de xullo, sobre a terceira edición programa BIND 4.0, aceleradora de startups no ámbito da Industria 4.0 do País Vasco.
CONTIDO E OBXECTIVOS
Esta presentación contará coa experiencia de startups participantes na pasada edición que relatarán a súa experiencia, e destacarán datos como o incremento do 145% no número de startups participantes na segunda edición fronte á primeira ou o 150% se nos referimos aos proxectos desenvolvidos.
O obxectivo que persegue esta presentación é atraer o talento e a innovación de empresas emerxentes galegas para invitalas a participar na nova convocatoria onde poderán optar a contratos de ata 150.000 euros cunha empresa tractora, mentoring, networking e un completo programa formativo. Na pasada edición, o programa contou coa inscrición de 3 startups galegas, das que 1 foi seleccionada.
MÁIS INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS
Atoparás máis información desta xornada na páxina web de Gain. Se estás interesado en asistir, podes escribir un correo a mat@igape.es.
BIND 4.0
BIND 4.0 é unha iniciativa do goberno vasco de carácter internacional dirixida a impulsar o desenvolvemento das mellores startups con solucións baseadas nas novas tecnoloxías da industria 4.0 (Big data, realidade virtual/aumentada, robótica colaborativa, ciberseguridade, Internet of things, impresión 3D, etc…) e aplicadas aos ámbitos da manufactura avanzada, a enerxía e a saúde.
É un programa de aceleración de 24 semanas onde as startups, ademais de desenvolver un proxecto remunerado cunha das empresas industriais colaboradoras, dispoñen dun programa intensivo de servizos de apoio e actividades.
A Xunta impulsa coa Barrié a segunda edición do programa Ignicia para apoiar o labor dos investigadores galegos
A Xunta e a Fundación Barrié veñen de asinar o convenio de colaboración para impulsar a segunda edición do programa Ignicia co obxectivo de seguir apoiando o acceso ao mercado de proxectos de investigadores galegos a través da análise e a elaboración dos plans de desenvolvemento e comercialización. O Ignicia baséase no método de proba concepto que permite verificar se unha idea é susceptible de ter éxito.
Feijóo erixe o programa Principia nunha ponte entre o académico e o empresarial que permite a investigadores e tecnólogos obter o seu primeiro contrato laboral
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, cualificou o programa Principia como unha ponte entre os ámbitos académico e empresarial que posibilita que moitos investigadores e tecnólogos galegos obteñan o seu primeiro contrato laboral.
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.