Ver a versión en liña

Recollida de manifestacións de interese Hubs de Innovación Dixital

O pasado 17 de agosto publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) o anuncio polo que se invita aos axentes do Sistema galego de innovación a que manifesten o seu interese en acceder a unha liña de axudas para a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital. O obxectivo deste anuncio é recabar información para definir a futura convocatoria de axudas, así como fomentar a colaboración entre os distintos axentes para a presentación de propostas conxuntas. O prazo de presentación de solicitudes pecha o vindeiro 20 de setembro.

Máis información
Contido da proposta

As propostas ou manifestacións de interese deben conter, entre outra información, unha descrición da visión e das actividades preparatorias para a posta en marcha do Hub de Innovación Dixital, así como demostrar a capacidade do consorcio para recibir o apoio da Xunta de Galicia e un enfoque tecnolóxico que implique preferentemente tecnoloxías cun alto potencial para a industria. Coa información recabada a través desta consulta, a Xunta de Galicia prevé lanzar unha convocatoria de axudas en concorrencia competitiva para apoiar a posta en marcha de Hubs de Innovación Dixital.

Que é un Hub de Innovación Dixital?

Os Hubs de Innovación Dixital son un novo instrumento previsto no Plan Galicia Innova 2020 que agrupan, baixo un modelo de colaboración público-privado aberto, aos distintos axentes do Sistema galego de innovación co obxectivo de aumentar a competitividade das empresas galegas a través das tecnoloxías dixitais. O obxectivo deste modelo é reforzar e avanzar na especialización intelixente de Galicia para aproveitar mellor as súas fortalezas e oportunidades, concentrando os recursos e infraestruturas arredor de ámbitos estratéxicos para Galicia, baixo o principio de autosostibilidade a medio prazo para maximizar o seu impacto en termos de competitividade global.

Eventos

Ver Todos
17
Setembro

Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás bolsas do European Research Council (ERC)

Máis información

Novas

Ver Todas

04 de Setembro de 2018

A Xunta impulsa o crecemento da peme coruñesa Orballo que conta coa primeira plantación de té ecolóxico de Europa

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá as plantacións que a empresa oleiresa Orballo ten no municipio de Paderne, en plena Reserva Mundial da Biosfera “Mariñas coruñesas e Terras do Mandeo”. A peme galega, que leva máis de seis anos desenvolvendo produtos ecolóxicos de alta calidade como especias e aromáticas, ecoarroces ou infusións, aposta desde 2016 polo primeiro cultivo europeo de té 100% ecolóxico.
Ler máis

31 de Agosto de 2018

A Xunta aposta por impulsar a actividade dos centros de coñecemento en Galicia cara a excelencia e consolidar unha investigación conectada aos novos retos socioeconómicos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Santiago de Compostela, durante o acto de sinatura dun contrato programa co CSIC, que a Xunta aposta por impulsar a actividade dos centros de coñecemento en Galicia cara a súa excelencia e consolidar, deste xeito, “unha investigación científica e pioneira, que estea conectada aos novos retos socioeconómicos”.
Ler máis

27 de Agosto de 2018

A Xunta subliña a aposta da empresa de Tordoia TMC Cancela polo talento e a mellora continua como claves da súa competitividade

A directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, destacou hoxe na súa visita á empresa de Tordoia (A Coruña) TMC Cancela, na que estivo acompañada polo delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, que a aposta polo talento e a mellora continua explican a alta competitividade desta compañía familiar que emprega a máis de 90 persoas e exporta a máis de 30 países
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.