Ver a versión en liña

Poñemos en marcha o programa Talento Sénior para a contratación de investigadores cunha traxectoria consolidada

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, anunciou o pasado xoves na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta a posta en marcha do programa Talento Sénior que permitirá a contratación duns 15 investigadores cunha traxectoria consolidada. A convocatoria, cunha dotacion inicial de preto dun millón de euros ampliable, publicarase proximamente no DOG.

Máis información
Destinatarios

O obxectivo deste programa é impulsar o retorno de persoal investigador doutor e profesionais de alta cualificación no ámbito da I+D+i para desenvolver proxectos de investigación, desenvolvemento e innovación en empresas, organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos.

Valorarase o perfil da persoa a contratar, a súa experiencia e traxectoria internacional, a presentación dun plan de igualdade de xénero no equipo do proxecto, que a persoa contratada sexa muller e que a contratación sexa indefinida, entre outros criterios.

As entidades interesadas recibirán un incentivo de 64.000 euros por cada contrato indefinido ou de duración igual ou superior a tres anos, cun salario bruto de cando menos 40.000 euros/ano. Dos 15 contratos previstos, nove están reservados a empresas e seis a organismos de investigación non universitarios e centros tecnolóxicos.

Captación de talento

Este programa vén sumarse a outros como o Oportunius ou o Principia, que ten permitido dende a súa creación a incorporación de 372 profesionais menores de 32 anos en 158 entidades, destinados á captación e retención de talento en Galicia.

Eventos

Ver Todos
17
Setembro

Oportunius: taller práctico de preparación de propostas ás bolsas do European Research Council (ERC)

Máis información

Novas

Ver Todas

13 de Setembro de 2018

A historia desta semana de Ganadores.gal: A outra neta favorita

Un dos grandes retos da sociedade actual é o envellecemento da poboación. A busca de solucións novas para que os maiores sigan activos e sexan o máis independentes posible. Un consorcio de tres empresas galegas ultima o lanzamento dunha plataforma tecnolóxica que permite manter a súa autonomía, reforzar a comunicación cos seus familiares e detectar en fases temperás os indicios dunha enfermidade cognitiva.
Ler máis

10 de Setembro de 2018

A Xunta destaca en Vigo o gran potencial innovador do sector da biotecnoloxía en Galicia

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, subliñou hoxe en Vigo o importante potencial que presenta a biotecnoloxía na modernización de sectores tradicionais da economía galega como o alimentario e a pesca, na súa intervención na conferencia de clausura do IV Foro de Innovación e Tecnoloxía Innovación e Biotecnoloxía para un sector mariño e alimentario máis competitivo e sostible, organizado por Anfaco-Cecopesca, en colaboración coa Consellería do Mar.
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.