Ver a versión en liña

I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación

Os vindeiros 27 e 28 de novembro Galicia acollerá o I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, co obxectivo de seguir impulsando a Compra Pública de Innovación (CPI) como un instrumento que permite o desenvolvemento de solucións innovadoras que dén resposta aos retos e necesidades da sociedade. Galicia é referente a nivel europeo en Compra Pública Innovadora e ten comprometidos 240 millóns de euros neste eido ata 2020. Agora busca agora posicionarse como referente para Iberoamérica, organizando o primeiro encontro España-América para o intercambio de coñecemento neste campo.

Público obxectivo da xornada

A Compra Pública Innovadora é un novo marco de relación da Administración cos axentes do sistema de innovación que permite maximizar o investimento público en innovación, mellorar os servizos públicos que se lle ofrecen aos cidadáns, aliñalos coas necesidades da xente, compartir os riscos que supón o desenvolvemento da I+D+i, fomentar a colaboración público-privada e consolidar a cultura innovadora na rúa.

Neste contexto, o foro está dirixido a todos os axentes que participan nos procesos de innovación no sector público: dende os empregados públicos, os promotores de innovación, ata o tecido empresarial innovador e as empresas tractoras.

Formato e programa

O enfoque do evento será totalmente disruptivo, incorporando unha combinación de diferentes formatos como charlas inspiradoras, mesas de debate, obradoiros e smart speeches. Estará deseñado de forma práctica para que todos os asistentes interactúen e centrado no desenvolvemento de habilidades para innovar que faciliten o cambio cara a unha cultura da innovación pública.

Podes consultar o programa completo e rexistrarte na web de Gain.

Novas

Ver Todas

25 de Outubro de 2018

Hai un compañeiro novo no cole… e é un robot

O sistema educativo non se entendería xa sen a presenza das TIC como ferramentas esenciais para que o alumnado aprenda máis e mellor. Nas aulas hai ordenadores, tabletas e mesmo robots. De feito, a robótica é xa unha materia oficial que permite profundar nos coñecementos en matemáticas, física, lóxica, lingüística ou creatividade. Cinco profesores da Universidade da Coruña desenvolveron un dispositivo de baixo custo co que os escolares poden programar case coa mesma habilidade que un investigador ou unha empresa.
Ler máis

24 de Outubro de 2018

O Ignicia selecciona nove proxectos das tres universidades e da Fundación de Investigación Sanitaria de Santiago para a fase de investimento

Tras unha avaliación en detalle dos 25 proxectos que pasaron a primeira fase de avaliación por parte dun equipo de expertos internacionais e coordinada por un panel de expertos e técnicos da Xunta e da Fundación Barrié, o comité de investimentos do programa Ignicia, co que a Xunta impulsa a transferencia de coñecemento de organismos de investigación, aprobou os 9 proxectos que pasan á fase de investimento.

Ler máis

23 de Outubro de 2018

A Xunta destaca que a primeira incubadora biotecnolóxica de Galicia contribuirá ao impulso de 40 novas bioempresas

BioIncubaTech, a primeira incubadora galega do sector biotecnolóxico, converterase nun verdadeiro viveiro de oportunidades de investimento de alta rendibilidade permitindo a incubación de 40 novas bioempresas en Galicia. Así o destacou hoxe o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na presentación en Santiago desta iniciativa que lidera a Universidade de Santiago, Uninova e a Cámara de Comercio de Santiago.
Ler máis

22 de Outubro de 2018

A Unidade Mixta de Gas Renovable impulsada pola Xunta busca cambiar o modelo enerxético de mobilidade urbana da Coruña

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na inauguración das novas instalacións da Unidade Mixta de Investigación (UMI) de Gas Renovable na Coruña que esta iniciativa ten potencial para cambiar o modelo enerxético de mobilidade urbana da comarca.
Ler máis

Eventos

Ver todos
30
Novembro

Nanoeaters day: mellora do diagnóstico non invasivo do cancro colorrectal

Máis información

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.