Ver a versión en liña

Encontro sobre políticas públicas e boas prácticas empresariais do deseño para a innovación

A Axencia Galega de Innovación (GAIN), no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020, cita a todos os axentes relacionados co sector ao encontro “Políticas públicas e boas prácticas empresariais de deseño para a innovación”. O evento terá lugar o 11 de decembro no CIS Galicia (Ferrol).

PÚBLICO E OBXECTIVO

O encontro está dirixido aos/ás deseñadores/as de todos os ámbitos, estudantes desta especialidade, representantes de empresas interesadas no deseño como panca da competitividade e profesionais de entidades públicas con competencias sobre innovación.

O intercambio de coñecemento sobre políticas públicas e boas prácticas empresariais no impulso do deseño como motor de innovación é un activo de gran valor para Galicia neste momento, no que está a poñer en marcha unha estratexia específica neste eido. O obxectivo deste foro é facer partícipes a todos os axentes destas experiencias e casos de éxito para decidir de maneira conxunta cales poden ser importadas por Galicia.

PERSPECTIVA

Os asistentes terán ocasión de coñecer boas prácticas de políticas públicas de deseño para a innovación desenvoltas noutros países da UE. Esta dimensión internacional seguirá coa análise do papel das asociacións de deseñadores europeas sobre as políticas de de innovación da UE, que se completará coa perspectiva das asociacións española e galega.

No eido das boas prácticas empresariais, varias compañías galegas líderes nos seus sectores como Estrella Galicia, Finsa, Selmark, ...exporán como se converteron tamén en referentes na aplicación do deseño como ferramenta estratéxica de competitividade. Como casos de éxito, os estudos Desescribir, Desoños e Cenlitrosmetrocadrado, premiados na últimas edicións dos premios Paraugas, do Clúster de Comunicación Gráfica darán a coñecer os seus proxectos.

Ademais, os participantes poderán coñecer en primicia a panorámica sobre o deseño industrial en Galicia realizada a través dunha publicación e unha exposición que, baixo o título “GALICIA. O deseño como motor”, percorren os seus precedentes e referentes ao longo da historia.

Formulario de inscrición.

Novas

Ver Todas

28 de Novembro de 2018

A Xunta mantén a súa aposta pola CPI coa convocatoria da I edición dos Premios aos empregados públicos innovadores de Galicia

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, clausurou hoxe na Cidade da Cultura o I Foro Iberoamericano de CPI e Innovación Aberta, onde anunciou que a Xunta convocará a primeira edición dos Premios aos empregados públicos innovadores de Galicia.
Ler máis

27 de Novembro de 2018

Os premios á transferencia de tecnoloxía tenden pontes entre a comunidade científica e o tecido empresarial

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar, participou esta tarde na entrega dos Premios á Transferencia de Tecnoloxía en Galicia 2018, convocados pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (Gain).
Ler máis

26 de Novembro de 2018

A Xunta avanza no polo aeroespacial de Galicia con proxectos nos que traballan 50 axentes e que xa están a mobilizar máis de 50M€

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo esta mañá unha reunión coas empresas que están a colaborar no desenvolvemento do polo aeroespacial de Galicia para avaliar o avance deste proxecto no que se están a impulsar iniciativas que mobilizarán preto de 165 millóns de euros.

Ler máis

23 de Novembro de 2018

A Xunta sinala a importancia da comunicación e do deseño como motor da innovación e para impulsar a competitividade das pemes

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Ourense, na entrega dos premios galegos Paraugas de Comunicación e Márketing e de Executivas de Galicia, a importancia da comunicación corporativa e do deseño como motor da innovación do tecido empresarial e como clave para impulsar a súa competitividade.
Ler máis

Eventos

Ver todos
30
Novembro
Nanoeaters day: mellora do diagnóstico non invasivo do cancro colorrectal

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.