Ver a versión en liña

Convocatoria da aceleradora BFAero, centrada en aeronáutica

O pasado 30 de novembro presentouse a primeira convocatoria da BFAero, a aceleradora aeronáutica promovida pola Xunta de Galicia no marco do programa de emprendemento innovador da Civil UAVs Initiative (CUI). Trátase dunha iniciativa de vangarda tanto polo equipo que o promove como polo investimento previsto, o máis cuantioso por proxecto de Europa.

ITINERARIOS, APOIO E ORZAMENTO

A aceleradora Business Factory Aero está impulsada pola Xunta de Galicia, a través do Igape, Gain e Xesgalicia, polas empresas Indra e Babcock e o centro tecnolóxico de automoción CTAG, xestionada pola Fundación CEL e apoiada por diferentes entidades colaboradoras representadas polo Consorcio Aeronáutico Galego.

A BFAero inclúe dous itinerarios: un de incubación e outro de aceleración, para os que se dispón de tres prazas en cada un. O de incubación diríxese fundamentalmente a proxectos de emprendemento no sector aeronautico que poden provir de universidades (spin-offs), empresas independentes (start-up) ou de escisións de empresas (spin-outs), mentres que o de aceleración está enfocado a empresas xa existentes con alta capacidade de crecemento, un modelo de negocio validado e certa facturación. O prazo de solicitude, a través da web www.bfaero.es, pecha o 28 de febreiro de 2019.

O apoio incluirá financiamento a fondo perdido, ata 100.000 euros para incubación e de 50.000 euros para aceleración; así como opción a financiamento adicional a través de préstamos de entre 50.000 e 500.000 euros en incubación e sen límite en aceleración e préstamos participativos de ata 250.000 euros en aceleración. Ademais de financiamento, BFAero ofrece acceso a infraestruturas especializadas, asesoramento individualizado con mentores profesionais activos do sector, asesoramento tecnolóxico e acceso a potenciais clientes de ámbito internacional.

A BFAero conta cun orzamento público-privado de 4,75 millóns de euros, coa previsión de apoiar 19 proxectos e empresas a través das distintas convocatorias que xeneren máis de 60 empregos directos en Galicia.

Novas

Ver Todas

13 de Decembro de 2018

A polo liderado da nova carreira espacial

A conquista do espazo xa non está restrinxida ás grandes corporacións tecnolóxicas mundiais. Tras o exitoso lanzamento en 2012 do Xatcobeo, o primeiro nanosatélite español, a Agrupación Estratéxica Aeroespacial da Universidade de Vigo decidiu crear unha spin-off para comercializar a súa pioneira tecnoloxía que permite ter listo un satélite en menos de 8 meses. Alén Space colaborou xa coa ONU e a Axencia Espacial Europea, entre outros organismos de referencia no sector.
Ler máis

12 de Decembro de 2018

A cuarta edición do programa Conecta Peme mobilizará en Barbanza 1,1M€ en proxectos que impulsan a innovación e nos que participan 5 empresas

A Xunta vén de resolver a cuarta edición do programa Conecta Peme que, nesta convocatoria na comarca do Barbanza financiará 5 proxectos cun investimento público de 722.000 que suporán un investimento total de 1,1M€.
Ler máis

12 de Decembro de 2018

A Unidade Mixta CIGAT instalará un prototipo na EDAR de Ourense para avanzar na obtención de enerxía a partir das augas residuais

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar, participou esta mañá no acto de presentación en Ourense da Unidade Mixta Centro de innovación galego de sistemas avanzados de tratamento de augas (CIGAT)-Biofactoría, que tivo lugar no Concello de Ourense.

Ler máis

11 de Decembro de 2018

A Xunta elaborará un mapa de provedores de servizos de deseño para visibilizar o traballo que o tecido empresarial galego está a facer neste ámbito

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, participou no CIS Galicia de Ferrol no encontro ‘Políticas públicas e boas prácticas empresariais de deseño para a innovación’, onde se promoveu o intercambio de experiencias e coñecemento de casos de éxito.
Ler máis

11 de Decembro de 2018

A Xunta destaca que a BFA se consolida como unha aceleradora de referencia ao sumar un novo recoñecemento no marco do VI Congreso Nacional de Clústers

A Business Factory Auto (BFA) vén de sumar un novo recoñecemento á súa traxectoria. Nesta ocasión, a aceleradora foi galardoada nos Premios á colaboración empresarial entregados no marco do VI Congreso Nacional de Clusters na categoría de proxecto mellor difundido, recoñecendo deste xeito o plan de comunicación para a difusión desta incubadora galega especializada no sector da automoción e das iniciativas participantes.
Ler máis

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.