Ver a versión en liña

Xornadas de presentación da aceleradora BFAero, centrada en aeronáutica

Permanece aberta ata o vindeiro 28 de febreiro a primeira convocatoria da BFAero, a aceleradora aeronáutica promovida pola Xunta de Galicia no marco da Civil UAVs Initiative (CUI). Co obxectivo de presentar as bases da convocatoria ao tecido empresarial e emprendedor están fixadas, polo momento, as seguintes xornadas en Vigo, Ourense, Madrid e Santiago de Compostela.

Itinerarios e apoio

A BFAero inclúe dous itinerarios: un de incubación e outro de aceleración, para os que se dispón de seis prazas en total. O de incubación diríxese fundamentalmente a proxectos de emprendemento no sector aeronautico que poden provir de universidades (spin-offs), empresas independentes (start-up) ou de escisións de empresas (spin-outs), mentres que o de aceleración está enfocado a empresas xa existentes con alta capacidade de crecemento, un modelo de negocio validado e certa facturación.

O apoio incluirá tanto financiamento a fondo perdido -ata 100.000 euros para incubación e 50.000 euros para aceleración-, como opción a financiamento adicional a través de préstamos de entre 50.000 e 500.000 euros en incubación e sen límite en aceleración e préstamos participativos de ata 250.000 euros en aceleración. Ademais de financiamento, BFAero ofrece acceso a infraestruturas especializadas, asesoramento individualizado con mentores profesionais activos do sector, asesoramento tecnolóxico e acceso a potenciais clientes de ámbito internacional. Para elo, a BFAero conta cun orzamento público-privado de 4,75 millóns de euros, coa previsión de apoiar 19 proxectos e empresas a través das distintas convocatorias que xeren máis de 60 empregos directos en Galicia.

Trátase dunha iniciativa de vangarda impulsada pola Xunta de Galicia, a través do Igape, Gain e Xesgalicia, polas empresas Indra e Babcock e o centro tecnolóxico de automoción CTAG, xestionada pola Fundación CEL e apoiada por diferentes entidades colaboradoras representadas polo Consorcio Aeronáutico Galego.

Máis información e presentación de solicitudes: BFAero

Novas

Ver Todas

16 de Xaneiro de 2019

O polo aeroespacial de Galicia avanza no deseño de solucións innovadoras que dan resposta ás necesidades reais da administración como na prevención de incendios

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e o conselleiro do Medio Rural, José González, constataron esta mañá en Rozas (Castro de Rei) os avances do polo aeroespacial de Galicia no deseño de solucións innovadoras que dan resposta ás necesidades reais da Administración e, en concreto, no eido da prevención de incendios.
Ler máis

16 de Xaneiro de 2019

A Xunta destaca que a automoción é un sector consolidado e en continuo crecemento en Galicia grazas á innovación e á formación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou hoxe na súa intervención no Foro Galicia sobre Ruedas —celebrado en Santiago, e no que tamén participaron empresas do sector privado e centros de coñecemento, como a Universidade e o Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia (CTAG)- que a automoción é en Galicia un sector consolidado, estratéxico e en continuo crecemento grazas ao labor que está a desenvolver en innovación e grazas a súa aposta pola formación cualificada.
Ler máis

14 de Xaneiro de 2019

Feijóo aposta por seguir impulsando a innovación no tecido industrial que contribúe a que Galicia estea a pechar 2018 cun IPI e cunhas exportacións crecendo o dobre que no resto de España

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, garantiu hoxe o compromiso de seguir impulsando a modernización e a innovación do tecido industrial galego que contribúe a que Galicia estea a pechar 2018 cun índice de produción industrial e cunhas exportacións crecendo o dobre que no resto de España.
Ler máis

11 de Xaneiro de 2019

A Xunta convoca as axudas do programa Principia para favorecer a contratación de 110 mozos e mozas cualificados en empresas e organismos de investigación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe en Vigo unha xuntanza co presidente da Alianza Intersectorial de Galicia (Atiga), Juan Manuel Vieites, para avaliar os resultados de 2018 das iniciativas postas en marcha de xeito coordinado para impulsar na industria galega o liderado de proxectos innovadores, así como as posibilidades de colaboración para este ano.
Ler máis

Eventos

Ver Todas
22
Xaneiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero no Consorcio Aeronáutico Galego

30
Xaneiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Universidade de Vigo

05
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Universidade Politécnica de Madrid

07
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Axencia Galega de Innovación

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.