Ver a versión en liña

Resólvese a fase de financiamento do programa Ignicia

O Programa Ignicia, que ten como obxectivo apoiar a transferencia ao mercado da investigación xerada polos investigadores e investigadoras de Galicia, seleccionou os sete proxectos que serán financiados na segunda convocatoria do Programa. En total recibirán un financiamento de máis de 2,6 millóns de euros e contarán con apoio para a implementación do plan de desenvolvemento e comercialización. Estes sete proxectos veñen sumarse aos nove impulsados pola primeira convocatoria do Programa.

Os proxectos seleccionados

Dos sete proxectos seleccionados, 3 están promovidos pola Universidade de Santiago de Compostela (RUCSC, relacionado con novos produtos antitumorais; FLUOROTOOLS, nova tecnoloxía de conxugación para o desenvolvemento de ferramentas fluorescentes, e inVerbis, software para a analítica de procesos de negocio); outros dous pola Universidade de Vigo (AIDFORK, relacionado coa análise forense de contidos multimedia e RADIOUAV, sistema para a medida de sensores de radiofrecuencia embarcados en drons); outro da Universidade da Coruña (INDEST, software para a selección automática de fotografías) e un da Fundación IDIS (NANOEVERS, solucións para medicina personalizada).

Cómpre destacar a excelencia científica dos proxectos financiados, nos que participan 48 investigadores das tres universidades galegas e da Fundación IDIS, estando un deles liderado por un investigador que conta cunha prestixiosa Advanced Grant do ERC (European Research Council), José Luis Mascareñas. Ademais, tres dos proxectos seleccionados participaran xa na edición anterior do Programa Ignicia e, tras implementar as melloras identificadas nos informes de avaliación, conseguiron finalmente resultar seleccionados nesta nova convocatoria do Programa.

A partir de agora, e durante un prazo de entre 18 e 24 meses, os proxectos recibirán un financiamento global de máis de 2,6 millóns de euros e contarán co apoio do equipo de xestión do Programa para a implementación do plan de desenvolvemento e comercialización, definido conxuntamente entre os equipos promotores, Oxentia e o equipo de xestión do Programa Ignicia durante a fase de maduración.

Dúas edicións do programa

A incorporación destes sete proxectos (a partir dos que se prevé a creación de 5 spin-offs e o establecemento de 2 acordos de licenza para a transferencia de tecnoloxía), únese aos nove proxectos impulsados pola primeira convocatoria do Programa, reforzándose, deste modo, o compromiso da Xunta coa transferencia de coñecemento, o emprendemento innovador e a xeración de valor, emprego especializado e progreso económico e social a partir dos resultados de investigación.

Nesta nova convocatoria presentáronse un total de 48 proxectos promovidos por centros de coñecemento galegos. O proceso de selección tivo lugar en dúas fases, nas que participaron técnicos de GAIN e da Fundación Barrié, xunto con expertos internacionais de Oxentia (Universidade de Oxford), referente a nivel mundial no ámbito da transferencia de tecnoloxía. Na primeira fase do programa foron seleccionadas 25 propostas, que recibiron por este feito un informe sobre o estado e calidade da ciencia en termos de protección, propiedade e viabilidade económica e comercial. A segunda fase, que incluíu entrevistas cos equipos promotores, foi superada por 9 proxectos, dos que finalmente sete foron seleccionados para a fase de investimento.

Tes máis información sobre o Programa Ignicia na páxina de GAIN.

Novas

Ver Todas

24 de Xaneiro de 2019

Un cazatendencias con dereito a intimar coa moda

Hai moito tempo que a lencería deixou de ser a irmá pequena da industria téxtil. Sábeo moi ben Selmark, líder española en fabricación de roupa interior feminina. Case medio século despois de nacer, a veterana empresa galega mantén intacto o seu compromiso coa calidade das pezas e o protagonismo do cliente, totalmente integrado no proceso creativo grazas a un innovador modelo de xestión.
Ler máis

19 de Xaneiro de 2019

A Xunta valora a participación de Boeing no polo aeroespacial de Galicia e traslada á empresa a súa disposición para estudar novos proxectos conxuntos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, valorou a participación de Boeing no polo aeroespacial de Galicia e trasladou á empresa tanto o compromiso con este proxecto e coa industria aeronáutica, como a disposición para estudar novos proxectos conxuntos, durante a reunión que mantivo con José Enrique Román e Eduardo Carrillo, director xeral e director de Estratexia e Desenvolvemento de Boeing Research & Technology-Europe, respectivamente.
Ler máis

Eventos

Ver Todas
30
Xaneiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Universidade de Vigo

05
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Universidade Politécnica de Madrid

07
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Axencia Galega de Innovación

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.