A Axencia Galega de Innovación asiste ao Foro Transfiere
A Xunta de Galicia contará cun stand propio, organizará unha mesa redonda e participará en varios debates, presentacións e mesas de networking para explicar a Civil UAVs Initiative, a iniciativa para crear un polo de referencia a nivel internacional arredor dos vehículos non tripulados para uso civil en Galicia. O Foro Transfiere, que se celebra en Málaga os vindeiros 13 e 14 de febreiro, é o principal encontro profesional e multisectorial para a transferencia de coñecemento e tecnoloxía en España. Xunto a Gain, a delegación galega estará formada tamén por representantes das multinacionais Indra, Babcock e Boeing, centros tecnolóxicos, universidades, clústeres empresariais e outras entidades galegas.
|