Ver a versión en liña

A Axencia Galega de Innovación asiste ao Foro Transfiere

A Xunta de Galicia contará cun stand propio, organizará unha mesa redonda e participará en varios debates, presentacións e mesas de networking para explicar a Civil UAVs Initiative, a iniciativa para crear un polo de referencia a nivel internacional arredor dos vehículos non tripulados para uso civil en Galicia. O Foro Transfiere, que se celebra en Málaga os vindeiros 13 e 14 de febreiro, é o principal encontro profesional e multisectorial para a transferencia de coñecemento e tecnoloxía en España. Xunto a Gain, a delegación galega estará formada tamén por representantes das multinacionais Indra, Babcock e Boeing, centros tecnolóxicos, universidades, clústeres empresariais e outras entidades galegas.

Obxectivo e modalidades de participación

O obxectivo da participación galega no Foro é difundir a Civil UAVs Initiative (CUI), apoiando a transferencia de coñecemento e tecnoloxía dos produtos e resultados tecnolóxicos obtidos no marco da iniciativa así como contribuir á internacionalización do Polo Aeroespacial de Galicia a través da participación nos máis prestixiosos foros, congresos e feiras a nivel internacional.

A Xunta de Galicia contará cun stand propio centrado na CUI, no que se informará sobre a iniciativa con especial énfase na primeira convocatoria da incubadora-aceleradora Business Factory Aero, que ten aberto o prazo de solicitude ata o vindeiro 28 de febreiro para captar proxectos de emprendemento e empresas de nova creación vencelladas ao sector aeroespacial. Xunto á Administración autonómica, asisten ao foro outros axentes implicados na iniciativa como as multinacionais Boeing, Indra e Babcock, os centros tecnolóxicos Aimen, Gradiant e Cesga, a Universidade de Santiago de Compostela e as empresas SRM-Consulting e Seadrone.

Ademais do stand, a Xunta organiza unha mesa redonda sobre a Civil UAVs Initiative, o mércores 13 de febreiro ás 18 horas, na que participará a directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey Vilar, e directivos de Indra, Babcock e Boeing, así como participa nunha mesa redonda sobre a relación industria-universidade no sector aeroespacial no ámbito internacional, o xoves 14 ás 13 horas. Paralelamente, o mércores pola tarde, na Open Innovation Area, farase unha presentación da Business Factory Aero ás 18:15 horas. As entidades que asisten en representación da CUI tamén manterán diferentes encontros con outros axentes asistentes ao Foro.

Outros sectores presentes

Ademais, o ecosistema galego de innovación estará presente en oito mesas de networking para manter reunións bilaterais con outras entidades asistentes ao foro, vencelladas ao sector aeronáutico/aeroespacial, administracións públicas, industria, TIC, enerxía e agrupacións empresariais innovadoras. Por último, un representante da Axencia Galega de Innovación presentará o mapa de apoios á innovación da Xunta de Galicia o mércores ás 18:45.

Outras entidades galegas que asisten ao For, xunto con Gain, son a Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia (ATIGA), a Universidade da Coruña, o clúster BIOGA e o Instituto de Matemática Industrial (ITMATI).

Novas

Ver Todas

07 de Febreiro de 2019

O cuartel xeral que fai tremer os ciberdelincuentes

Hai tempo que a amenaza deixou de ser só un virus que pode entrar por un correo electrónico. O crecente nivel de conexión dixital multiplica os riscos para a seguridade dos usuarios e dos procesos de produción das empresas. Telefónica e Gradiant traballan en solucións integrais contra a delincuencia na rede desde TEGRA, o centro de investigación que converterá Galicia en referencia da ciberseguridade.
Ler máis

05 de Febreiro de 2019

A Xunta presenta en Madrid a nova aceleradora aeronáutica para atraer a Galicia proxectos de emprendemento innovador neste sector

directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta tarde o na presentación en Madrid da primeira convocatoria da Business Factory Aero (BFAero), a incubadora e aceleradora de innovación especializada no sector aeronáutico promovida pola Xunta no marco do polo aeroespacial de Galicia. O acto de presentación, celebrado na Escola de Enxeñería Aeronáutica da Universidade Politécnica, participaron estudantes, emprendedores e empresarios, e incluíu unha mesa redonda arredor do emprendemento no sector aeronáutico na que participaron representantes do Igape; de Indra, CTAG e Fundación CEL.
Ler máis

04 de Febreiro de 2019

A Unidade Mixta de Navantia e a UDC permitirá optimizar os procesos produtivos avanzando cara o estaleiro 4.0

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na presentación da fase de consolidación da Unidade Mixta Estaleiro do futuro, na que colaboran Navantia e a Universidade da Coruña. Nesta nova etapa, a iniciativa dará continuidade á maioría das liñas de investigación e proxectos abordados na fase de creación e incorporará novas liñas, co reto de afondar na industrialización dos logros acadados.
Ler máis

04 de Febreiro de 2019

A Xunta avanza co Clúster TIC no desenvolvemento dun polo industrial na Coruña que acelere a transformación dixital da economía galega

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, mantiveron hoxe un novo encontro de traballo con representantes do sector das TIC, encabezados polo presidente do Clúster galego, Antonio Rodríguez del Corral, para continuar avanzando no desenvolvemento dun polo industrial das tecnoloxías da información e a comunicación que acelere a transformación dixital da economía galega.
Ler máis

01 de Febreiro de 2019

A Unidade Mixta de Investigación Navantia-UDC avanza no desenvolvemento do buque intelixente

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá o demostrador do proxecto Sistema de Servizos Integrados (SSI) ou Buque sen cables, desenvolto no marco da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Estaleiro do Futuro, na que participaron a empresa Navantia e a Universidade da Coruña, co apoio da Xunta, entre os anos 2015 e 2018 e que agora comeza a súa etapa de consolidación ata 2021.
Ler máis

Eventos

Ver Todas
21
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Axencia Galega de Innovación

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.