Ver a versión en liña

Convócanse as axudas do Programa Fábrica Intelixente

O DOG do pasado venres, 8 de febreiro de 2019 , publicaba a convocatoria do programa Industrias do Futuro 4.0, máis coñecido como Fábrica Intelixente, dotada con 12,7 millóns de euros cofinanciados polo Fondo FEDER no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020. O obxectivo desta liña de axudas, que chega á súa terceira edición, é apoiar proxectos estratéxicos de I+D+i que permitan avanzar cara un novo modelo industrial de futuro para Galicia, en liña coa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia e a Axenda Galicia Industria 4.0. Co obxectivo de presentar as principais características da orde, celebrarase un taller o vindeiro martes, 19 de febreiro na sede da Axencia Galega de Innovación en Santiago de Compostela.

Detalles da convocatoria
Características da axuda

Os destinatarios destas axudas son pemes e grandes empresas capaces de liderar proxectos de I+D+i de carácter estratéxico e organismos de investigación en colaboración con empresas, ambos con centro de traballo permanente en Galicia. Recóllense dúas modalidades de participación: individual ou en cooperación, aínda que os organismos de investigación só poderán participar se colaboran cunha empresa.

Financiaranse proxectos empresariais de investigación industrial, desenvolvemento experimental ou innovación en materia de organización e de procesos, con axudas de ata o 80% dependendo do tipo de proxecto e de empresa. Outros requisitos esixibles para acceder á convocatoria son: ter un orzamento mínimo de 2 e máximo de 10 millóns de euros; unha duración mínima de 3 anualidades e máxima ata o 30 de xuño de 2022; ser estratéxicos e ter un efecto incentivador; e facer un uso intensivo das tecnoloxías facilitadoras esenciais.

Entre as principais novidades desta edición destaca a redución do orzamento mínimo dos proxectos (de 4 a 2 millóns de euros) para permitir unha maior participación das pemes; o aumento do prazo de execución dos proxectos (de 3 a 4 anualidades) e que abre dous prazos de presentación ao longo do ano, para adaptarse mellor aos tempos das empresas: ata o 8 de marzo e ata o 31 de xullo de 2019.

Balance das edicións anteriores do programa

Na primeira edición desta convocatoria apoiáronse con 56 millóns de euros dous proxectos industriais innovadores, liderados por PSA e Televés respectivamente, e que mobilizaron un total de 168 millóns de euros. A través da segunda convocatoria, apoiáronse tres proxectos industriais innovadores con 5,4 millóns de euros liderados por FINSA, CUPA e COPO, mobilizando 13,7 millóns de euros. En total, entre as tres convocatorias mobilizaranse máis de 213 millóns de euros en proxectos innovadores que adaptarán as fábricas galegas á Industria 4.0, mellorando así a súa competitividade

Novas

Ver Todas

13 de Febreiro de 2019

A Xunta presenta o polo aeroespacial de Galicia ante expertos nacionais e internacionais no Foro Transfiere de Málaga

A Xunta está a presentar o polo aeroespacial de Galicia no 8º Foro Transfiere, o principal foro profesional e multisectorial para a transferencia de coñecemento e tecnoloxía que se está a celebrar en Málaga os días 13 e 14 de febreiro.
Ler máis

11 de Febreiro de 2019

A Xunta achega aos empresarios da comarca do Deza os apoios que pon á súa disposición para impulsar os negocios locais

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, continuou hoxe en Lalín coa rolda de contactos que está a levar a cabo por toda Galicia para expoñer ao tecido empresarial as liñas de axudas que a Xunta pon á súa disposición para impulsar os negocios da comarca do Deza e mellorar a súa competitividade.
Ler máis

09 de Febreiro de 2019

A cuarta edición do programa Conecta Peme mobiliza en Bergantiños-Costa da Morte un millón de euros en proxectos que impulsan a innovación

A Xunta resolveu a cuarta edición do programa Conecta Peme que, na convocatoria de 2018, na comarca de Bergantiños-Costa da Morte financia 5 proxectos cun investimento público de 574.000 euros que supón unha mobilización total dun millón de euros.
Ler máis

Eventos

Ver Todas
19
Febreiro

Taller III Convocatoria Industrias do Futuro 4.0 - Fábrica intelixente

Sede da Axencia Galega de Innovación
Santiago de Compostela

Máis información
18
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero no CPIFP As Mercedes en Lugo

21
Febreiro
Presentación Business Factory Aero - BFAero na Universidade de Vigo

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.