Ver a versión en liña

Convócase a terceira edición do Programa Agrobiotech

O luns pasado presentouse a terceira edición do programa de aceleración Agrobiotech Innovación, promovido pola Xunta de Galicia e a Tecnópole, en colaboración co Clúster Alimentario de Galicia, o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida e o CIS Madeira.

Web de Agrobiotech
POR QUE PARTICIPAR NO AGROBIOTECH INNOVACIÓN?

Agrobiotech Innovación ten como obxectivo fortalecer as pemes innovadoras dos sectores agroalimentario, biotecnolóxico ou biomasa, estratéxicos para a economía galega. Esta iniciativa forma parte da plataforma StartIN Galicia, que agrupa todos os apoios da Consellería a startups e emprendedores.

Nesta terceira edición poderán ser seleccionadas un máximo de 12 empresas.

OPORTUNIDADES DO AGROBIOTECH INNOVACIÓN

Estas son algunhas das oportunidades que ofrece este programa:

  • Programa de aceleración.
  • Itinerarios de aceleración “a medida”, titorizados por expertos.
  • O Programa desenvólvese nas propias instalacións da empresa.
  • Actividades transversais de capacitación profesional sobre os temas de interese que soliciten as propias entidades participantes.
  • Accións destinadas a favorecer a visibilización e o networking entre as empresas dos sectores.

A inscrición é telemática e moi sinxela e o prazo está aberto ata o vindeiro 27 de marzo.

Bases do programa

Eventos

Ver Todas

Talleres técnicos de presentación de Ignicia e Innovapeme

O obxectivo destes talleres é presentar as principais novidades da IV edición do Programa Principia e dar a coñecer os requisitos e características do Programa Innova Peme 2019, resolver as dúbidas sobre as convocatorias e propiciar un espazo de networking para o contacto entre entidades

Ler máis
06
Marzo
I Foro Técnico da Civil UAVs Initiative

Aeródromo de Rozas e Escola Politécnica Superior do Campus de Lugo

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.