Ver a versión en liña

ViaGalicia 2019

A sexta edición da aceleradora ViaGalicia vén de convocarse coa apertura do prazo de inscrición dos proxectos. Os emprendedores interesados en participar nesta iniciativa, que impulsan a Xunta e a Zona Franca de Vigo, poden presentar a súa solicitude ata o próximo 1 de abril na páxina web

Web de ViaGalicia
QUE É VIAGALICIA

Trátase dun programa de aceleración de empresas e emprendedores promovido pola Xunta de Galicia e a Zona Franca de Vigo dirixido a xente innovadora que queira sacar adiante a súa empresa. Este iniciativa ten como finalidade a aceleración de 15 proxectos.

O orzamento desta sexta edición de ViaGalicia alcanza os dous millóns de euros para poder presetar aos emprendedores seleccionados formación, mentoring, titorización e espazos coworking e, ademais, financiamento para aquelas startups que cheguen á fase de aceleración

.

BALANCE EDICIÓNS ANTERIORES
PROCESO DE SELECCIÓN

Nesta edición, ViaGalicia contará con varias fases:

1 Período de presentación de proxectos: estará aberto ata o 1 de abril
2 Primeira selección de 80 proxectos entre as sedes de Vigo e Lugo
3 Participación Startup Day na que se seleccionarán ata 40 proxectos (20 por sede)
4 Fase de academia, cunha duración de 7 semanas: os participantes recibirán formación sobre as ferramentas e coñecementos necesarios para mellorar o seu modelo de negocio e a comunicación da súa proposta de valor
5 DemoDay: os emprendedores seleccionados defenderán o seu proxecto. Escolleranse un máximo de 15 plans que pasarán á fase de aceleración.
6 Fase de aceleración: terá unha duración de 6 meses no Centro de Negocios Porto do Molle, en Nigrán.
7 Investors Day: nesta xornada defenderán os seus proxectos ante as empresas, colaboradores e fondos de investimento.

Se tes un proxecto de emprendemento innovador, acelerable e investible, non dubides en presentar a túa candidatura a través da web

Web de ViaGalicia

Novas

Ver todas

03 de Marzo de 2019

A Xunta e Bioga avalían novas vías de colaboración para impulsar o sector biotecnolóxico galego

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro de traballo coa presidenta do Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e a xerente desta entidade, Loli Pereiro.
Ler máis

01 de Marzo de 2019

A Xunta avalía coa comunidade científica e universitaria os resultados do Oportunius para reforzar a captación de talento investigador en Galicia

Os conselleiros de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, e de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, mantiveron unha xuntanza en Santiago de Compostela co xefe do Departamento Científico do Consello Europeo de Investigación (ERC), José Manuel Fernández de Labastida, e investigadores participantes no Oportunius e beneficiarios de axudas ERC.
Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.