Ver a versión en liña

A Xunta convoca o Premio ao/á Empregado/a Público/a Innovador/a

A Axencia Galega de Innovación (Gain) acaba de convocar o primeiro Premio aos/ás empregados/as públicos/as innovadores/as, co obxectivo de recoñecer o persoal da Xunta de Galicia comprometido cunha Administración pública máis eficiente, moderna e innovadora, capaz de mellorar a prestación dos seus servizos. Esta iniciativa inscríbese no programa Innpulsa CPI, que persegue fomentar o uso da Compra Pública Innovadora en Galicia, un novidoso instrumento de contratación que impulsa a innovación dende a demanda. O prazo de solicitude pecha o vindeiro 7 de maio.

Consulta as bases
Destinatarios, categorías e premios

Pode postularse a este certame todo o persoal da Xunta de Galicia e dos seus entes instrumentais, tanto de xeito individual como en grupos -de dúas a cinco persoas-.

Segundo a convocatoria, establécense dúas categorías.

  • Categoría de identificación de oportunidades, onde se deberá detallar e definir unha problemática, así como o interese que tería a resolución da mesma. O gañador conseguirá un asesoramento personalizado no que se identificarán fontes de financiamento a nivel europeo e nacional, e se elaborará o material necesario para a solicitude de financiamento.
  • Categoría de proxectos innovadores, na que se recoñecen iniciativas xa realizadas ou en curso. Existen dúas subcategorías: a temática máis innovadora e a mellor actitude innovadora.

Para ambos os dous aspectos recoñecidos, os participantes poderán optar a gañar unha visita a un laboratorio de innovación internacional e/ou un curso personalizado en innovación.

Se queres saber máis sobre este premio, podes consultar toda a información na páxina web da Axencia Galega de Innovación

Web de Gain

Novas

Ver todas

07 de Marzo de 2019

GANADORES.GAL: A auga que volve á billa tan limpa como a primeira vez

Sen auga non existe vida nin desenvolvemento económico. O futuro dun territorio depende da capacidade para afrontar a crecente demanda e, á vez, devolver o recurso á natureza en condicións óptimas para a súa reutilización. O centro tecnolóxico Cetaqua Galicia e a empresa Viaqua crearon tres tecnoloxías innovadoras de tratamento e lánzanse agora a converter depuradoras en “biofactorías” onde incluso se poidan aproveitar os lodos.
Ler máis

12 de Marzo de 2019

Santiago acolle unha xornada dos socios do proxecto europeo User-Factor de impulso ao deseño e a innovación nas pemes

Santiago acolle os días 12 e 13 de marzo unha xornada dirixida aos socios do proxecto europeo User-Factor, financiado polo programa Interreg Atlantic Area e liderado pola PDR-Cardiff Metropolitan University, unha institución británica dedicada ao deseño e a innovación, que está orientado á creación de estratexias rexionais de deseño e a garantir a súa implantación nas pemes.
Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.