Ver a versión en liña

Encontro Innova Peme: Innova para competir

Cando? 3 de abril de 2019, 9:15h
Onde? Salón de actos, Axencia Galega de Innovación (GAIN)

Inscribirse no acto

A Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación, organiza o vindeiro día 3 de abril o Encontro Innova Peme: Innova para competir, no que se darán a coñecer experiencias de éxito dos plan de innovación implantados polas empresas beneficiarias no marco deste programa.

PROGRAMA INNOVA PEME

InnovaPeme é un programa pioneiro impulsado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN), destinado a desenvolver ou incrementar as capacidades innovadoras de empresas que xa teñen ou comezan a ter un desempeño innovador pero que necesitan apoio para sistematizar, potenciar ou desenvolver dita actividade coa que lanzar novos produtos e servizos ou mellorar os seus procesos, a través da implementación de Plans de Innovación. A intensidade da axuda para as entidades beneficiarias é do 50%.

O plazo de presentación de solicitudes remata o 8 de abril de 2019.

PROGRAMA

9:15h Recepción de asistentes
9:30 - 9:40 Benvida
Patricia Argerey Vilar, Directora GAIN
9:40 - 10:10 Presentación do programa Innova Peme
“Principais novidades da convocatoria 2019”
Elena Polo Prieto, Técnico Área Servizos GAIN
10:10 - 10:30 Mesa redonda. Experiencia InnovaPeme en 1ª Persoa
Modera Pedro Arenas Barreiro, Director Servizos GAIN
Linknovate, Javier Parapar López (colaborador CITIC)
Freshcut, Ramón Navarro Aracil
10:30 - 10:45 Clausura
Francisco Conde López, Conselleiro de Economía, Emprego e Industria
10:45 - 11:30 Café Networking

Posibilidade de concertar reunións bilaterais cos técnicos de GAIN o finalizar o encontro, para resolver posibles dúbidas

Reserva a túa praza a través do formulario de inscrición na web da Axencia Galiega de Innovación

Enlace ao formulario

LEMBRA QUE SEGUE ABERTO O PRAZO PARA PODER PRESENTARSE A:

Novas

Ver todas

21 de Marzo de 2019

Ganadores.gal: Da impresora ao paciente, así son os ósos que van cambiar a medicina

Hai poucos inventos tan disruptivos como a impresión en 3D, coa que hoxe se fabrican xa roupa, xoguetes, pezas de coches ou fachadas de edificios. O Instituto de Cerámica de Galicia leva anos utilizando esta tecnoloxía para crear implantes e agora lanza unha nova empresa de ósos artificiais á carta para vítimas de accidentes e enfermos de cancro. A cerámica e a medicina entran xuntas nunha nova dimensión.
Ler máis

20 de Marzo de 2019

Conde destaca que a empresa Formato Verde contribúe á economía circular e aposta pola innovación e o deseño

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe as novas instalacións da empresa Formato Verde en San Cibrao das Viñas e puxo a esta compañía como exemplo de compromiso coa innovación e o deseño e destacou a súa contribución á economía circular.
Ler máis

20 de Marzo de 2019

A Xunta ten aberto ata o próximo 11 de abril o prazo de solicitude do Programa Principia para a atracción e retención do talento

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, visitou a empresa porriñesa Petia dedicada ao desenvolvemento de novos produtos e servizos aplicados á saúde animal das mascotas, que conta co apoio do programa autonómico Principia para impulsar a contratación de persoal para a realización de actividades de I+D+i en compañías e organismos de investigación.
Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.