O pasado 14 de xaneiro de 2019 entrou en vigor o Real Decreto-Lei 23/2018, de 21 de decembro, polo que se modifica a Lei 17/2001, de 7 de decembro, de Marcas.
Para dar a coñecer as modificacións introducidas por este Real Decreto, a Axencia Galega de Innovación (Gain) organiza en colaboración coa Oficina Española de Patentes y Marcas (OEPM) unha xornada de difusión sobre as novidades da Lei de Marcas.
A xornada terá lugar na sede da Axencia Galega de Innovación, Rúa Airas Nunes, en Santiago de Compostela, o vindeiro 8 de abril de 10 ás 12:30.
Galicia conta cunha nova aceleradora para fortalecer o emprendemento innovador e a proxección internacional da industria alimentaria
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe en Santiago de Compostela, durante a presentación da primeira aceleradora alimentaria de Galicia, a Business Factory Food (BFFood), que o obxectivo deste novo proxecto é fomentar o emprendemento innovador nesta industria e fortalecer a súa proxección internacional.
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.