Ver a versión en liña

Proxectos seleccionados na BFAero, a aceleradora especializada no sector aero-espacial

Onte fixéronse públicos no marco da celebración do Pitch Day , en Lugo, os seis proxectos que participarán na primeira edición do programa de incubación-aceleración BFAEro. A aceleradora enmárcase na Civil UAVs Initiative, a iniciativa para converter a nosa Comunidade nun polo tecnolóxico e industrial arredor dos vehículos non tripulados, de referencia internacional.

Descrición dos proxectos seleccionados
a) Na modalidade de incubación:
Nome do proxecto Procedencia Descrición
Dronewind- -rpaswind-rpas eólicos (Aeromedia) Oleiros

UAV para realizar fotografías das tres palas dun aeroxerador, sen necesidade de parar a produción.

Propulsión con células de combustible de hidróxeno Madrid

Alternativa ao uso de baterías en UAVs de ata 25 kgs, mediante a produción de enerxía eléctrica por células de combustible de hidróxeno, grazas ao que se obterá unha maior autonomía de voo.

RadioUAV. Beyond the visible applications Vigo

Proxecto da Universidade de Vigo para o desenvolvemento de sistemas para tarefas de inspección non destrutiva, detección e identificación con sensórica activa e pasiva.


b) Na modalidade de aceleración:
Nome do proxecto Procedencia Descrición
LUPEON Nigrán

Deseño e optimización topolóxica de pezas estruturais de UAVs, e fabricación aditiva de ditas pezas en composites plásticos ou metálicos co fin de reducir o peso dos UAVs e así conseguir maior autonomía de voo.

Avión VTOL (UAVWorks) Valencia

Aeronave convertible única no mundo, sinxela, de baixo custo de operación e mantemento, versátil e operativa en entornos marxinais, que ofrece grande autonomía e alcance con capacidade VTOL.

Desenvolvemento dun UAV helicóptero (Alpha Unmaned Systems) Madrid

Desenvolvemento dunha plataforma VTOL tipo helicóptero para uso civil con motor térmico da categoría de menos de 25kg e cunha autonomía de 2.5 horas.

Beneficios da participación no programa

Os proxectos seleccionados comezarán en maio os programas de incubación e aceleración, nos que terán acceso, ademais de financiamento, a espazos de traballo compartidos, plans de formación adaptados ás súas necesidades, acompañamento de mentores escollidos entre profesionais do sector aeronáutico e dos vehículos non tripulados, oficinas individuais equipadas, aulas de formación e servizos de asesoramento técnico que pon á súa disposición a Fundación CEL e posibilidade de uso das instalacións do aeródromo de Rozas, onde poderán utilizar os drons de INDRA E BABCOCK (TARGUS e LUA) e outros equipamentos especializados do ámbito da Civil UAVs Initiative.

Novas

Ver todas

10 de Abril de 2019

A Xunta pon en valor as capacidades do sistema galego de innovación e o labor que desenvolven os centros tecnolóxicos

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, asistiu esta mañá á sinatura do acordo de colaboración entre a multinacional Coherent, líder mundial en tecnoloxía láser industrial, con sede en Silicon Valley, e o centro tecnolóxico Aimen para ofrecer á industria do sur de Europa a posibilidade de testar procesos novos baseados en tecnoloxía láser nas instalacións do centro de aplicacións láser que Aimen ten no Porriño.
Ler máis

08 de Abril de 2019

A Xunta e a Oficina Española de Patentes informan sobre as novidades da Lei de Marcas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, abriu esta mañá a xornada de difusión sobre as novidades da Lei de Marcas, celebrada na sede de Gain en Santiago de Compostela. Na inauguración do evento participou tamén o director da Oficina Española de Patentes e Marcas (OEPM), José Antonio Gil, organismo que colabora na organización.
Ler máis
Logo_RIS3

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.