Ver a versión en liña

A XUNTA APOIA A CREACIÓN DE HUBS DE INNOVACIÓN DIXITAL

O Consello da Xunta de Galicia de hoxe aprobou a resolución da pola que se declaran como Hubs de carácter estratéxico as propostas lideradas respectivamente polo Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (CEAGA) e o Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga).

Nota de Consello
Que son os Hubs de Innovación Dixital?
Trátase nova forma de estruturar o ecosistema de I+D+i, de continuar profundizando no modelo de colaboración público-privada e a innovación aberta.
  • Os DIH son unha nova forma de cooperar entre diferentes axentes: centros de coñecemento, centros tecnolóxicos, industria, aceleradoras, investidores, clústers, investigadores e outros axentes do ecosistema.
  • Os Hubs de innovación dixital son organizacions con personalidade xurídica e un modelo de negocio sostible que permitirán dar resposta a dúas necesidades fundamentais que teñen as Pemes:
    • Conectarse coa investigación e evolucionala ata a chegada ao mercado dos seus produtos ou solucións.
    • Beneficiarse das oportunidades dixitais da rexión.
  • A estratexia Galega de DIH está aliñada coa Iniciativa Comunitaria para a Dixitalización da Industria Europea, e é un paso imprescindible para que Galicia teña acceso aos máis de 9.200 millóns de euros que a Unión Europea ten previstos para o programa Europa Dixital para o período 2021-2027.

Se queres saber máis sobre os Hubs de Innovación Dixital, atoparás máis información neste enlace.

Novas

Ver todas

02 de Maio de 2019

Ganadores.gal: Os fármacos collen o taxi para ir directos contra o cancro

Hai lugares do organismo aos que os medicamentos convencionais non poden chegar ou a súa administración provoca efectos adversos. Ocorre, por exemplo, en determinados tipos de cancro e metástase en células con fortes barreiras biolóxicas.
Ler máis

30 de Abril de 2019

Galicia busca en Estados Unidos novas oportunidades de negocio para o polo aeroespacial de Rozas

Galicia participa desde hoxe e ata este xoves 2 de maio na principal feira da industria dos drons a nivel internacional, a Xponential 2019, en Chicago (Estados Unidos), na que a Civil UAVs Initiative, a iniciativa para crear un polo de referencia internacional no ámbito aeroespacial en Galicia, conta cun espazo de seu dentro do pavillón do ICEX.
Ler máis

26 de Abril de 2019

A Xunta achega ás empresas innovadoras galegas as vantaxes de traballar coa Adminstración en servizos e produtos de I+D

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou na xornada Solucións innovadoras orientadas á demanda pública, celebrada esta semana en Santiago de Compostela.
Ler máis

Eventos

Ver todos
15
Maio

O deseño – boas prácticas, propostas de accións e apoio a PEMEs

Máis información

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.