Ver a versión en liña

25 PEMES GALEGAS PODEN PARTICIPAR NUN PROXECTO PILOTO DE DESEÑO PARA A INNOVACIÓN

A Axencia Galega de Innovación (Gain) deseñou unha acción piloto de apoio ao deseño dirixida a 25 pemes galegas co obxectivo de aumentar a súa competitividade e innovación. Esta iniciativa está enmarcada no programa de Deseño para a Innovación 2020, un novidoso programa da Xunta para impulsar o crecemento da economía galega a través da incorporación e a sistematización do deseño nas empresas como motor de innovación e competitividade a nivel global, con especial atención ás pemes.

EN QUE CONSISTE?

A experiencia piloto consiste nunha acción de asesoramento para o deseño de servizos ou produtos innovadores que integren o deseño como unha ferramenta para a innovación que responda ás necesidades do usuario, podendo optar a un itinerario de deseño de servizos ou de deseño de produtos. O asesoramento correrá a cargo de deseñadores expertos (Marta Falcón para o deseño de servizos e a empresa FrutoDS para o deseño de produtos) e consta de catro pasos:

  1. Diagnóstico da empresa para establecer o seu nivel de deseño de servizos ou de produtos (seguindo a escala conceptualizada polo Centro Danés de Deseño);
  2. Tres sesións formativas, de 4 horas de duración/sesión e adaptadas a cada perfil de empresa, en procesos e ferramentas de deseño orientado ao usuario;
  3. Plan de mellora de servizos ou produtos con accións detalladas e seguimento;
  4. Valoración final do proceso e contraste con diagnóstico inicial.

Os requisitos que deben reunir as pemes que desexen participar neste piloto son:

  • ser microempresa, pequena ou mediana empresa
  • ter domicilio social ou centro de traballo en Galicia.
COMO PARTICIPAR?

As empresas que desexen participar neste piloto deben solicitalo cumprimentando este formulario online. Unha vez realizada a solicitude, seleccionaranse as empresas atendendo aos seguintes criterios: motivación; equipo implicado; e viabilidade do reto plantexado. As empresas que obteñan as puntuacións máis altas serán as seleccionadas para participar no piloto, dispoñendo de 13 prazas no itinerario de servizos e 12 no de produto.
Esta experiencia piloto enmárcase no proxecto Interreg Atlantic Area User-Factor: Design for user-driven innovation.

O prazo para a presentación de solicitudes rematará o próximo 31 de maio de 2019.
Máis información dispoñible na web de Gain , no correo electrónico centros.gain@xunta.es ou no teléfono 981337113.

Formulario online

Novas

Ver todas

16 de Maio de 2019

Ganadores.gal: A fábrica do futuro que naceu do pasado da tele

A Industria 4.0 é o equivalente para a empresa ao profundo proceso de dixitalización que vive a sociedade no seu conxunto. A adaptación é, segundo os expertos, irrenunciable para todas as que queiran seguir adiante. En Televés, máis que unha cuestión de supervivencia, aspiran a que o cambio de modelo permita reforzar o seu liderado no sector tecnolóxico e ampliar a súa actividade a outros nichos de mercado como a aeronáutica, as comunicacións 5G e os servizos sociais
Ler máis

15 de Maio de 2019

A Xunta salienta a aposta pola industria 4.0 das pemes galegas para fortalecer a súa competitividade e internacionalización

O director do Igape, Juan Cividanes, a directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, visitaron esta mañá a empresa Industrial Recense na Pontenova, onde puxeron de manifesto o compromiso da Xunta no apoio á incorporación dos investimentos 4.0 e á innovación tecnolóxica nas pemes galegas para impulsar o seu crecemento e internacionalización.
Ler máis

14 de Maio de 2019

A Xunta busca 25 pemes galegas que desexen participar nun proxecto piloto de deseño para a innovación

A Axencia Galega de Innovación (Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria busca 25 pemes galegas interesadas en participar nunha acción piloto de apoio ao deseño co obxectivo de aumentar a súa competitividade e innovación.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.