Ver a versión en liña

II Encontro de Deseño para a Innovación Empresarial

O Encontro consolídase este ano celebrando a súa segunda edición o 28 de xuño, de novo con motivo do Día Mundial do Deseño Industrial.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) invita a todos os axentes do ecosistema do deseño galego ao evento, que terá lugar no CIS Tecnoloxía e Deseño, en Ferrol. Será unha oportunidade para abrir novas canles de contacto entre os profesionais do deseño e as empresas galegas, con especial atención nesta edición ao deseño estratéxico para a innovación centrada nas persoas.
NOVAS ACCIÓNS PARA IMPULSAR O DESEÑO GALEGO

Durante o encontro presentaranse as novas accións do Programa de Deseño para a Innovación 2020 e a publicación “O deseño como motor. Casos de éxito”.

Ademais, os asistentes terán ocasión de coñecer as últimas tendencias do deseño internacional da man de profesionais galegos que xa son referentes a nivel global: Iván Mato, Coca Rivas, Isaac Piñeiro, Nuria Carballo e Manuel Vázquez.

A xornada completarase coa experiencia de dúas empresas na incorporación do deseño á súa estratexia de negocio: a multinacional Nationale-Netherlanden e a peme galega María Martínez Otero.

PÚBLICO DESTINATARIO

Os destinatarios principais do encontro son deseñadoras e deseñadores galegos de todas as disciplinas, estudantes desta especialidade e representantes de empresas e doutras entidades interesadas en potenciar o deseño como ferramenta de innovación e competitividade nas súas organizacións.

PROGRAMA E FORMULARIO


Podes consultar o programa e inscribirte neste encontro nesta ligazón.

Novas

Ver todas

11 de Xuño de 2019

Conde destaca que Galicia traballa para marcar a diferenza a través dos seus proxectos biotecnolóxicos

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que Galicia está a traballar para marcar a diferenza na Unión Europea a través dos seus proxectos biotecnolóxicos no marco da terceira xornada organizada pola Xunta para avaliar os resultados da Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia, a RIS3.
Ler máis

Eventos

Ver todos
19
Xuño
Presentación da Materioteca de Galicia e workshop “Materiais para a economía circular”

21
Xuño
NANOEATERS Workshop con industria: Deseño dun sensor “Lab-o-a-chip” para a detección de toxinas mariñas e detección temperá de fibrose

03
Xullo
Taller de preparación de propostas EUROSTARS-2

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.