Ver a versión en liña

Galicia acolle un Encontro europeo en innovación e fabricación avanzada

Os días 6 e 7 de novembro a Axencia Galega de Innovación organiza en Santiago de Compostela o Innovation and Manufacturing Brokerage Event (IMB 2019), un evento clave para a innovación e proxectos de vangarda en fabricación avanzada no que se presentarán convocatorias de axuda por un importe superior a 200 millóns de euros.

Web IMB

Representantes da Comisión Europea presentarán a súa visión sobre o futuro e as súas propostas actuais para fomentar a innovación na industria, especialmente a través do Programa Horizon 2020. Xunto a eles, daranse cita representantes clave da industria, centros de coñecemento, investigadores e outros axentes, constituíndo unha plataforma única para o intercambio de coñecemento e o impulso de novos proxectos a escala europea.

POR QUE PARTICIPAR?

O evento ofrece unha oportunidade idónea para contrastar ideas de proxectos no ámbito da fabricación do futuro, eficiente e sostible. Tamén servirá para establecer colaboracións con socios europeos, e en especial da rexión Norte de Portugal, de cara a presentación de propostas para as convocatorias de programas europeos relacionadas con algunhas das tecnoloxías facilitadoras, como a nanotecnoloxía, materiais avanzados, biotecnoloxía , fabricación avanzada e outras relacionadas coa dixitalización.

ACTIVIDADES DO EVENTO

O primeiro día centrarase na presentación e debate dos retos futuros para a Industria Europea, así como das oportunidades de financiamento para a fabricación intelixente que na actualidade ofrece a Comisión Europea, tanto a través do Programa Horizonte 2020 como doutras iniciativas europeas.

O segundo dedicarase a analizar novas ideas de proxecto e o seu encaixe cos programas de financiamento da innovación dispoñibles na actualidade para fomentar a dixitalización da industria en xeral e a fabricación avanzada en particular. As ideas presentadas poderán ser contrastadas con expertos en convocatorias comunitarias nas temáticas citadas e promoverase a creación de agrupacións transnacionais que facilite a presentación de proxectos.

IMB 2019 contará cun servizo de tradución que facilitará a todos os participantes a comprensión das iniciativas e dos retos de futuro que se analizarán ao longo do evento.

RIS3 TRANSFRONTEIRIZA

IMB é unha iniciativa organizada no marco da RIS3 Transfronteiriza Galicia-Norte de Portugal coa colaboración da Vanguard Initiative.

A Estratexia de Especialización Intelixente da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (RIS3T) é a primeira RIS transfronteiriza da UE. O seu obxectivo é dinamizar a participación da Eurorrexión nas convocatorias europeas de cooperación interterritorial e desenvolver proxectos coordinados para competir con maior éxito na captación de financiamento procedente do Programa Horizonte 2020, e acadar un mellor posicionamento en Europa.



Novas

Ver todas

10 de Outubro de 2019

Ganadores.gal: Galletas invencibles no boca a boca

Por moi sinxela que poida parecer unha idea, se detrás hai planificación, innovación e comunicación, o proxecto pode dar tantas alegrías como as que está a ter Daveiga coas súas xa coñecidas Galletas Mariñeiras. A empresa naceu en 2005 con cinco empregados e hoxe ten 67, cunha facturación de case cinco millóns de euros. A súa meteórica traxectoria mereceu a atención do “Financial Times” e demostra que o rural ten futuro.
Ler máis

09 de Outubro de 2019

Conde sinala en Bruxelas a posición avantaxada da automoción galega na mobilidade autónoma e sustentable

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe en Bruxelas, no marco do I Cumio sobre o futuro da mobilidade autónoma organizado polo Comité Europeo das Rexións, a posición avantaxada da automoción galega no eido da mobilidade autónoma e sustentable.
Ler máis

08 de Outubro de 2019

A Xunta expón na Semana Europea das Rexións a Estratexia de Hubs de innovación para apoiar as pemes na transformación dixital

Axencia Galega de Innovación (Gain) organizou esta mañá no marco da 17ª edición da Semana Europea das Rexións e das Cidades en Bruxelas un taller onde se debateu sobre como as rexións, e especialmente os Hubs de Innovación Dixital, poden apoiar ás pemes no acceso ás tecnoloxías dixitais para enfrontarse ao reto da nova revolución industrial.
Ler máis

04 de Outubro de 2019

A Xunta premia aos empregados públicos que achegan unha perspectiva innovadora para mellorar o servizo á cidadanía

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, sinalou hoxe na entrega da primeira edición dos Premios aos Empregados Públicos Innovadores que os galegos deben sentirse orgullosos de contar con profesionais no sector público que “saben ver máis alá dunha solución convencional, e ofrecen unha perspectiva práctica e innovadora”.
Ler máis

Eventos

Ver todos
11
Outubro
Taller Difusión Préstamos IFI INNOVA

16
Outubro
Inauguración da exposición “Galicia XXI. O design como motor” no marco da Porto Design Biennale

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.