Ver a versión en liña

Convocatorias abertas da rede de aceleradoras de innovación

Desde a Axencia Galega de Innovación queremos recordarvos que dentro da nosa rede de aceleradoras de innovación tedes abertas as seguintes convocatorias:

SEGUNDA CONVOCATORIA DA BUSINESS FACTORY AERO (BFAERO)
  • Sector: aeronáutico e aeroespacial
  • Apoio en: incubación / aceleración
  • Prazo de Presentación: 15 de novembro ás 14:00h
  • Ligazón: http://www.bfaero.es
SEGUNDA CONVOCATORIA DA BUSINESS FACTORY FOOD (BFFood)
  • Sector: alimentario
  • Apoio en: aceleración / consolidación
  • Prazo de Presentación: 30 de novembro ás 14:00h
  • Ligazón: http://bffood.gal
PRIMEIRA CONVOCATORIA DE BIOINCUBATECH
  • Sector: Biotecnoloxía, saúde e tecnoloxías alimentarias.
  • Apoio en: incubación / aceleración
  • Prazo de Presentación: 15 de novembro ás 14:00h
  • Enlace: http://www.bioincubatech.com/
GALICIA OPEN FUTURE: RETOS INDUSTRIA 4.0 (RETO COFRICO)
  • Necesidade a solventar: Como poden as tecnoloxías mellorar a interacción con elementos dun sistema de eficiencia enerxética para mellorar o seu mantemento preditivo?
  • Empresa tractora: Grupo Cofrico
  • Dirixido a: emprendedores, startups, pemes e organismos de investigación de todo o mundo.
  • Prazo de presentación: 27 de novembro ás 18:00 h.
  • Ligazón: https://calls.openfuture.org/calls/galicia_open_future_reto_cofrico/ES

Novas

Ver todas

06 de Novembro de 2019

A Xunta aposta por adaptar a industria aos retos dixitais para que as empresas gañen tamaño e avancen en internacionalización

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou esta mañá en Santiago, na apertura do Innovation & Manufacturing Brokerage Event, centrado na innovación e na fabricación avanzada, a aposta de Galicia por adaptar a industria aos retos dixitais para que as empresas gañen tamaño e avancen en internacionalización.
Ler máis

01 de Novembro de 2019

A Xunta difunde en Ferrol as oportunidades que abren os materiais innovadores para o envasado sustentable de alimentos

A Consellería de Economía, Emprego e Industria celebra o vindeiro xoves 14 de novembro no CIS Tecnoloxía e Deseño (Ferrol) unha nova xornada de traballo no marco do Programa de Deseño para a Innovación 2020. O workshop “Novos materiais para packaging sustentable” ten por obxectivo difundir entre as empresas e os profesionais do deseño galegos as oportunidades que abren os materiais innovadores para o envasado de alimentos coa menor pegada ambiental posible.
Ler máis

Eventos

Ver todos
14
Novembro
Workshop “Novos materiais para packaging sustentable”

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.