Ver a versión en liña

Agrobiotech Innovation FEST, é a terceira edición do Encontro Agrobiotech, o programa de aceleración de innovación centrada nos sectores da biotecnoloxía, a agroalimentación e a biomasa. Nel daranse cita empresas, administración autonómica, agrupacións industriais, asociacións e centros tecnolóxicos co obxectivo de xerar sinerxías de negocio. Nesta edición, que se desenvolverá o venres 22 de novembro de 9:30 a 19:30 horas, incorpóranse algunhas novidades.

PROGRAMA DO EVENTO

Durante a mañá terán lugar tres mesas redondas pensadas para favorecer o intercambio de coñecemento especializado sobre cuestións que representan retos de futuro para os tres sectores.

Na mesa de "Desenvolvemento de alimentos innovadores: do deseño á distribución" intervirán Sofía Pérez, Responsable de I+D de Calidade de Pascual, Rubén Hidalgo, Director de Ecosistemas de Inovación e Emprendemento de CAPSA, e Mai Dorado Zulueta, Account Director Spain de MINTEL.

Na mesa dedicada á "Biotecnoloxía fronte ao reto da innovación industrial" teremos a Jaume Mir, fundador, CEO e director comercial de Biochemize, a Marta Rodríguez Sáiz, Responsable del Laboratorio de Biotecnoloxía de AMRI GLOBAL - GADEAe a Roberto Martin Orallo, Senior Expert in Digital Transformation & Open innovation Models, Member of the Advisory Board en DyCare.

A mesa de Economía circular contará coas intervencións de José Carlos Quintela, Director científico do Grupo Natac, Ana Ibáñez García, Project Engineer de AIJU-Technological Institute for Children’s products and leisuree Elsa Grille Lorenzo Responsable Técnico de PEFC GALICIA.


Seguridade

Sistema de seguridade

Garante unha explotación da infraestrutura segura e de elevada eficiencia.

Comunicacions

Sistema de comunicacións

Asegura as comunicacións sala de control-plataforma de operacións-seguridade, operativa-control técnico dos equipos de instrumentación.



Reuniones

Servizo meteorolóxico in situ

Crucial para a planificación dos voos.

Exposicion

Simulador U-Space

Actualmente en licitación, completará a infraestrutura para a experimentación nun entorno real coas últimas capacidades de simulación..

Consulta o Programa na nosa web fest.agrobiotech.gal.

INSCRÍBETE!

Novas

Ver todas

13 de Novembro de 2019

As xornadas Drone Day achegan a estudantes de secundaria as aplicacións profesionais dos vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá no Aeródromo de Rozas nunha das xornadas “Drone Day: Aplicacións Profesionais dos Drons”, unha iniciativa organizada pola multinacional aeronáutica Boeing en colaboración coa Xunta e que se enmarca nas actividades de fomento das vocacións científico-tecnolóxicas do Polo Aeroespacial de Galicia. No acto participou tamén Neves Seoane, responsable do Centro de Investigación Aerotransportada de Rozas (CIAR), sede do evento.
Ler máis

11 de Novembro de 2019

Empresas galegas avanzan co apoio da Xunta no desenvolvemento de sistemas para controlar o impacto da industria téxtil e a autenticidade da moda sustentable

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá en Lugo na presentación dos avances no proxecto de innovación QC4SusTex, que se centra no desenvolvemento de ferramentas para controlar o impacto ambiental nas augas residuais da industria téxtil e para autentificar as fibras e tecidos que contan con certificación de moda sustentable.
Ler máis

08 de Novembro de 2019

GANADORES.GAL: Sacando brillo á loita contra os microplásticos

Entre todas as frontes abertas na loita pola sustentabilidade, o freo ao plástico é, sen dúbida, un dos que maior concienciación esperta. Con esa filosofía naceu Iberluffa, que vende en medio mundo esponxas de baño vexetais cultivadas e tratadas en Caldas de Reis. O seu novo produto é un innovador estropallo biodegradable para contaminar menos facendo algo tan habitual como fregar os pratos.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.