Ver a versión en liña

GUÍA DE DEDUCIÓNS E INCENTIVOS FISCAIS Á I+D+i

A Axencia Galega de Innovación (Gain) impulsa o aproveitamento das vantaxes fiscais que xera o marco tributario da I+D+i e reivindica o seu efecto na promoción da investigación, o desenvolvemento experimental e a innovación.

Tanto a nivel estatal como autonómico existen vantaxes fiscais polo investimento en I+D+i. En Galicia, dende xaneiro de 2019, melloramos as deducións autonómicas por doazóns con finalidade en investigación e desenvolvemento científico e innovación tecnolóxica, por investimento na adquisición de accións ou participacións sociais en entidades mercantís novas ou de recente creación.

Así, os investidores en novas empresas e mecenas de organismos destinados ao fomento da I+D+i atopan en Galicia o mellor marco fiscal para os seus proxectos empresariais innovadores.

Para coñecer en detalle estos apoios fiscais, tedes dispoñible desde hoxe na páxina web da Axencia a GUÍA DE DEDUCIÓNS E INCENTIVOS FISCAIS Á I+D+i.

Descarga a guía de "Deducións e incentivos fiscais á I+D+i" na páxina da Axencia Galega de Innovación!

Enlace á guía

Novas

Ver todas

12 de Decembro de 2019

Ganadores.gal: A oncoloxía sae faenar con nasas para pescar tumores

Parecía ciencia ficción: capturar células canceríxenas coma se fosen cangrexos? Con esa idea lanzouse en 2012 un grupo de investigadores da FIDIS que hoxe ensaia xa en oito hospitais un innovador dispositivo para frear a metástase dos tumores en ovarios. Nasasbiotech aspira a facer historia na oncoloxía.
Ler máis

11 de Decembro de 2019

A Xunta subliña que a biotecnoloxía é un dos piares da economía galega e da súa identidade industrial

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, subliñou hoxe, no Galicia Bioday celebrado en Santiago de Compostela, que a biotecnoloxía converteuse, nos últimos anos, nun dos piares da nosa economía e unha parte máis da identidade industrial galega.
Ler máis

10 de Decembro de 2019

A Xunta busca mellorar a efectividade dos procesos de transferencia de coñecemento ao tecido empresarial a través da formación de especialistas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey Vilar, deu a benvida a un grupo de xestores de transferencia que participan durante toda esta semana no primeiro curso do Programa de Acreditación Registered Technology Transfer Professionals (RTTP) 2019-2020, que a Consellería de Economía, Emprego e Industria organiza en colaboración coa Fundación Barrié.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.