Ver a versión en liña

Consulta preliminar do mercado no ámbito da xestión do tráfico aéreo de vehículos non tripulados

O Centro para el Desarrollo Tecnológico Industrial (CDTI) e a Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación buscan solucións innovadoras que faciliten operacións seguras e eficientes de vehículos non tripulados en contornas U-Space. Esta consulta e a potencial futura licitación darán continuidade ao Polo Aeroespacial de Galicia máis aló de 2020.

A iniciativa europea U-Space

O concepto U-Space deséñase para dar solución aos novos paradigmas de transporte que xurdirán nas cidades nos próximos anos. A mobilidade urbana eficiente, sostible, asequible e efectiva convertirase nun desafío máis apremiante a medida que as cidades se volvan máis grandes. Será necesario regular os voos de UAVs a baixa altura baseándose en tecnoloxías de automatización, dixitalización e conectividade.

Existen multitude de retos tecnolóxicos aos que hai que dar solución para completar as catro fases previstas no RoadMap europeo (U-1 a U-4).

Actualmente hai iniciativas para desenvolver servizos da fase U-1 e de forma parcial para a fase U-2. O entorno de simulación U-Space pretende completar a infraestrutura do CIAR con funcionalidades para as fases U-3 e U-4. Permitirá xestionar distintos tipos de misión levadas a cabo por drons e deberá poder analizar múltiples situacións a través de escenarios deseñados para reproducir contextos operacionais futuros en entornos de tráfico complexo, incluíndo a integración con avións tripulados e Air Traffic Management (ATM).

Consulta preliminar do mercado

Neste contexto, CDTI e Gain publicaron o pasado 10 de xaneiro unha Consulta Preliminar ao Mercado (CPM) que ten por obxecto promover a participación de axentes económicos activos no mercado para que presenten propostas innovadoras sobre o grao de desenvolvemento da tecnoloxía para un entorno de simulación U-Space. O prazo de presentación de propostas pecha o vindeiro 24 de febreiro e mañá celebrarase unha xornada de presentación en Madrid para explicar a consulta.

A partir do resultado das consultas, CDTI e Gain disporán do coñecemento preciso sobre as posibilidades tecnolóxicas existentes no mercado para unha potencial licitación a través do procedemento da Compra Pública de Innovación (CPI) para dispor de equipos tecnolóxicos que permitan prototipar e avaliar servizos de información dixital e funcións automáticas de xestión do espazo aéreo de forma que se faciliten operación seguras e eficientes de UAV en futuras contornas U-Space.

Asiste á xornada de presentación da convocatoria na sede de CDTI en Madrid. Podes consultar o programa e inscribirte no seguinte enlace.

Inscríbete!

Novas

Ver todas

23 de Xaneiro de 2020

GANADORES.GAL: Alimentos a pedir de boca para vivir máis e mellor

Dime que comes e direiche como es. A medicina ten cada vez máis claro que a dieta é un dos factores máis influentes no benestar das persoas. E ao revés: que en función dos seus xenes, un individuo tolerará mellor ou peor un alimento. A partir dunha análise de saliva, a empresa galega Mercantia é capaz de elaborar bebidas personalizadas e adaptadas ao metabolismo de cada consumidor.
Ler máis

22 de Xaneiro de 2020

A Xunta reforza a aposta polo sector aeroespacial cunha Unidade Mixta de Investigación especializada na xestión do espazo aéreo de vehículos non tripulados

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, destacou esta mañá na presentación da Unidade Mixta de Investigación (UMI) Airus (Automatic Intelligent SeRvices for U-Space), promovida polo Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG) e a multinacional tecnolóxica Everis Aeroespacial, Defensa e Seguridade (everis ADS), a contribución desta UMI ao sector aeroespacial, no ámbito da xestión do tráfico de sistemas non tripulados.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.