Ver a versión en liña

Presentación dos Hubs de Innovación Dixital galegos

O vindeiro 28 de febreiro presentarase en Santiago de Compostela a estratexia galega dos Hubs de Innovación Dixital, así como os dous Hubs constituído ao amparo da mesma. Estes novos instrumentos ofrecen ás pemes xanelas únicas de acceso ás tecnoloxías punteiras e demais ferramentas necesarias para a súa transformación dixital, un proceso que lles permitirá ser máis innovadoras e gañar tamaño no mercado.

Como funcionan?

A peme expón unha necesidade de innovación baseada en tecnoloxías dixitais e obtén todo o que precisa para mellorar os seus procesos produtivos ou para levar ao mercado produtos e servizos disruptivos, grazas ao acompañamento experto e integral que ofrece un completo ecosistema de colaboración formado por centros de competencias tecnolóxicas e servizos de apoio especializado.

Cada Hub opera nunha área de especialización concreta, réxese pola demanda das empresas e enfoca a súa actividade completamente ao mercado. En Galicia, constituíronse co apoio da Xunta de Galicia dous Hubs de Innovación Dixital:

  • Factories of the future (Fábricas do futuro), liderada polo Clúster de Automoción de Galicia e centrado na internet das cousas , a intelixencia artificial, big data e computacións de altas prestacións e robótica e sistemas autónomos;
  • DATAlife, liderado polo Clúster Tecnolóxico Empresarial das Ciencias da Vida (Bioga) e que pon o foco no manexo da intelixencia artificial e a analítica de datos (Big Data).
Que ofrece esta xornada?

Se es unha peme e estás interesada en coñecer as oportunidades que che ofrecen os Hubs para integrarte na era dixital, toma nota da data desta xornada na que poderás:

  • Coñecer da man de representantes relevantes da Comisión Europea e do Ministerio de Industria, quen é quén en Europa no ámbito da dixitalización e as posibilidades que se abren para os Hubs de Innovación Dixital.
  • Establecer colaboracións en fabricación avanzada, fábrica do futuro, intelixencia artificial, Big data ou Ciberseguridade.
  • Coñecer os apoios que a Xunta e os Hubs ofrecen ás pemes galegas.

En breve, seguiremos informando sobre o programa completo e a forma de inscrición.

Máis información

Novas

Ver todas

28 de Xaneiro de 2020

A aceleradora do sector agroalimentario BFFood selecciona os oito proxectos que participarán na súa segunda convocatoria

Esta mañá déronse a coñecer na sede do Clúster Alimentario de Galicia (Clusaga) en Santiago de Compostela os proxectos que serán acelerados na Business Factory Food (BFFood), programa especializado no sector alimentario galego impulsado pola Xunta de Galicia e coordinado polo clúster.
Ler máis

27 de Xaneiro de 2020

Conde destaca en Vigo o valor dos centros tecnolóxicos como transmisores de coñecemento e sinala a Gradiant como exemplo deste reforzo á innovación

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe en Vigo as instalacións do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións (Gradiant), un dos principais actores galegos en materia de I+D+i na ciberseguridade, responsable da única rede nacional de excelencia dentro deste sector.
Ler máis

24 de Xaneiro de 2020

Conde anuncia un investimento de 5 M€ para dotar o Polo Aeroespacial de Galicia dun simulador de xestión do tráfico aéreo

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, anunciou hoxe que se vai realizar un investimento de 5 millóns de euros para dotar o Centro de Innovación Aerotransportada (CIAR) de Rozas dun simulador de xestión do tráfico aéreo.
Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Febreiro

Xornada sobre oportunidades para investigadores e empresas a través das accións Marie Sklodowska-Curie (MSCA)

Máis información

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.