Ver a versión en liña

Axudas á I+D+i empresarial 2020

ATENCIÓN PEMES!

Neste mes de febreiro convocaremos catro liñas de apoio á I+D+i empresarial centradas especialmente en vós.

Convocatoria Período Apoios
Principia 8/2/2020-7/4/2020

Contratación de tecnólogos de ata 35 anos para a realización de actividades de I+D+i.

Talento Sénior 8/2/2020-7/4/2020

Contración de persoal de alta cualificación para a realización de actividades de I+D+i.

Innova Peme 20/2/2020-20/4/2020

Mellora da capacidade innovadora de Pemes e micropemes.

Unidades Mixtas de Investigación 21/2/2020-20/3/2020

Creación e consolidación de unidades mixtas de investigación a través da cooperación entre organismos de investigación e empresas.

Descarga aquí o mapa de apoios á Innovación 2020!

Mapa de apoios

Novas

Ver todas

31 de Xaneiro de 2020

A Xunta logra a primeira firma dun acordo de licenza coa industria para comercializar un proxecto do Programa Ignicia

O Programa Ignicia Proba de Concepto da Xunta dá un novo paso e logra a primeira firma dun acordo de licenza coa industria para comercializar os resultados dun dos proxectos que apoia. En concreto, a Universidade de Vigo e a mutinacional española Ziacom Medical especializada no deseño e fabricación de implantes e produtos para cirurxía bucal, maxilofacial e biomateriais veñen de asinar un acordo de licenza para levar ao mercado os resultados do proxecto Biofast que se centran nun biomaterial para rexeneración ósea, grazas ao apoio deste programa da Axencia Galega de Innovación (Gain) da Consellería de Economía, Emprego e Industria coa colaboración da Fundación Barrié.
Ler máis

Eventos

Ver todos
20
Febreiro
Xornada sobre oportunidades para investigadores e empresas a través das accións Marie Sklodowska-Curie (MSCA)

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.