Ver a versión en liña

CDTI presentará en Gain o Programa Misións Ciencia e Innovación

70 M€ para apoiar grandes iniciativas estratéxicas de innovación empresarial en torno a cinco misións.

O Programa "Misións Ciencia e Innovación" ten como obxectivo apoiar a grandes iniciativas estratéxicas, intensivas en I+D e levadas a cabo en colaboración público privada, que incorporen as tendencias e retos científico-técnicos máis recentes para identificar e resolver os desafíos de sectores productivos críticos para la economía.

Os retos que se establecen céntranse en cinco misións:

  • Enerxía limpa
  • Mobilidade intelixente
  • Agroalimentación sostible
  • Industria XXI
  • Lonxevidade saudable

CARACTERÍSTICAS DAS AXUDAS

Dos 70 millóns de euros, reservaranse un mínimo de 10 millós de euros para consorcios formados por pemes. Existirán dúas categorías de proxectos: Misións grandes empresas e misións pemes.

MISIÓNS GRANDES EMPRESAS
Orzamento do proxecto: 5-10 millóns de euros
Consorcio: 3-8 socios (Mínimo 1 peme)
Líder: grande empresa
Orzamento adicado á investigacion industrial: mínimo 85%
Subcontratación a organismos de investigación: mínimo 20% do orzamento
Duración: 3-4 anos
MISIÓNS PEMES
Orzamento do proxecto: 1,5 - 3 millóns de euros
Consorcio: 3-6 socios (todos pemes)
Líder: mediana empresa
Orzamento adicado á investigacion industrial: mínimo 60%
Subcontratación a organismos de investigación: mínimo 15% do orzamento
Prazo de execución: 2-3 anos naturais

Poderán estar cofinanciadas con fondos FEDER a través do programa operativo plurirrexional de España 2014-2020.

Podes consultar o programa e inscribirte neste enlace.

Inscríbete!

Novas

Ver todas

20 de Febreiro de 2020

A Xunta convoca axudas por 2,7 M€ para impulsar a mellora da capacidade innovadora das pemes galegas

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a empresa viguesa O Lecer Sénior Care, dedicada á asistencia a persoas maiores en centros residenciais, e que actualmente está desenvolvendo un plan de innovación co apoio da Xunta a través da convocatoria de 2019 do programa InnovaPeme.
Ler máis

18 de Febreiro de 2020

A Xunta destina 5 millóns de euros a equipamento dos centros tecnolóxicos galegos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a convocatoria de axudas para mellorar o equipamento dos centros tecnolóxicos e dos centros de apoio á innovación mediante a adquisición de infraestruturas de investigación de alta calidade para o desenvolvemento dunha I+D punteira.
Ler máis

18 de Febreiro de 2020

Conde apunta que a colaboración de Imatia no Polo Aeroespacial fai visible o valor engadido co que conta Galicia a través da innovación e o talento

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, destacou hoxe que a colaboración de Imatia no Polo Aeroespacial dá visibilidade ao valor engadido co que conta Galicia a través da innovación e o talento. Así o manifestou durante unha visita ás instalacións desta compañía dedicada desde hai 15 anos ao desenvolvemento de produtos e servizos de software.
Ler máis

Eventos

Ver todos
28
Febreiro
Xornada de presentación dos Hubs galegos de Innovación Dixital

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.