Ver a versión en liña

Reanúdanse os prazos das convocatorias de Gain

O Consello da Xunta de Galicia do día 24 de abril aprobou continuar coa tramitación dos convenios e convocatorias de subvencións que estaban publicadas antes da declaración do estado de alarma, de tal xeito que se reanudan os prazos das convocatorias que Gain tiña publicadas.

Por outro lado, a Xunta de Galicia decidiu prorrogar seis meses todos os contratos predoutorais e posdoutorais apoiados pola administración autonómica no SUG e nos OPIs galegos.

Unha vez publicado no Diario Oficial de Galicia, reanudaranse os prazos das subvencións convocadas pola Axencia Galega de Innovación no ano 2020 que quedaran suspendidos pola declaración do estado de alarma e das que aínda restaban días para poder presentar as solicitudes.
CONVOCATORIAS DA AXENCIA GALEGA DE INNOVACIÓN CUXOS PRAZOS SE REABREN:​

As convocatorias da Axencia Galega de Innovación das que se reanuda a súa tramitación son:

CONVOCATORIA PRAZO QUE RESTA PARA A PRESENTACÍÓN DA AXUDA
(a contar dende a publicación no DOG)
Fortalecemento de Centros de Xeración de Coñecemento 5 días naturais
Unidades Mixtas de Investigación 7 días naturais
Consolidación de Unidades Mixtas de Investigación 7 días naturais
Talento Sénior 26 días naturais
Principia 26 días naturais
InnovaPeme 38 días naturais


Estas medidas entrarán en vigor despois da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Ollo, que non se che pase presentarte ás nosas convocatorias!!
Lembrámosche que os formularios de solicitude seguen operativos na sede electrónica da Xunta de Galicia, á que podes acceder a través da sección de Axudas da web de Gain, e que os prazos comenzarán a contar tras a publicación no DOG.
Prórroga dos contratos predoutorais e posdoutorais
436 investigadores predoutorais e posdoutorais contratados polas tres universidades galegas, os centros de investigación do CSIC e do IEO en Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia e outros organismos públicos de investigación co apoio da Xunta de Galicia verán prorrogados os seus contratos por un periodo de 6 meses.

Esta medida, adoptada pola Xunta de Galicia para que a súa formación e traballo non se vexan afectados pola crise derivada da pandemia por coronavirus,​ mellora substancialmente a proposta estatal, dado que a extensión do contrato se vai aplicar a todos os investigadores, e non só aos de último ano, e o tempo de prórroga será de 6 meses en lugar de 3.

Tes máis información na seguinte ligazón.

Novas

Ver todas

29 de Abril de 2020

Educación e Gain prorrogarán seis meses todos os contratos predoutorais e posdoutorais autonómicos afectados polo estado de alarma

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), prorrogarán seis meses os contratos predoutorais e posdoutorais que destes organismos dependen e que están afectados polo Estado de Alarma.
Ler máis

29 de Abril de 2020

A Xunta e o sector aeronáutico galego ven na innovación e nos novos mercados a vía de saída para abrir futuras oportunidades e sortear o COVID-19

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo un encontro esta mañá con representantes do Consorcio Aeronáutico Galego (CAG), dentro da rolda de contactos que o Goberno autonómico está mantendo con todos os axentes económicos e sociais para avaliar o impacto da situación actual nos distintos sectores e consensuar medidas.
Ler máis

Eventos

Ver todos
06
Maio
Xornada de presentación de Consultas Preliminares ao Mercado do proxecto Innovaugas 4.0

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.