Ver a versión en liña

Reanudación dos prazos das convocatorias de Gain e axudas H2020

O vindeiro luns, 11 de maio, publicarase no Diario Oficial de Galicia a Orde pola que se acorda a continuación da tramitación de determinadas ordes de subvencións que estaban publicadas antes da declaración do estado de alarma, de tal xeito que se reanudan os prazos das convocatorias que Gain tiña publicadas.

Por outra parte, tamén se publicará a II edición da convocatoria de axudas para o fomento da participación galega no Programa Marco da Unión Europea dotada con 2,76 millóns de euros.

Unha vez publicado no Diario Oficial de Galicia este próximo luns, reanudaranse os prazos das subvencións convocadas pola Axencia Galega de Innovación no ano 2020 que quedaran suspendidos pola declaración do estado de alarma e das que aínda restaban días para poder presentar as solicitudes.

A partir do martes 12 de maio reanúdase o cómputo dos prazos que afectan aos seguintes procedementos da Axencia Galega de Innovación:

CONVOCATORIA DATA DE PECHE
Fortalecemento de Centros de Xeración de Coñecemento 18 de maio
Unidades Mixtas de Investigación 18 de maio
Consolidación de Unidades Mixtas de Investigación 18 de maio
Talento Sénior 5 de xuño
Principia 8 de xuño (13:00 horas)
InnovaPeme 18 de xuño (13:00 horas)
Axudas para o fomento da participación galega en H2020
Por outra banda, o vindeiro luns tamén se publicará no DOG a II edición da convocatoria de axudas para o fomento da participación galega no Programa Marco da Unión Europea, dotada con 2,76 millóns de euros e cofinanciada con fondos do programa operativo FEDER Galicia 2014-2020.
Tes máis información da convocatoria neste enlace.

Novas

Novas

06 de Maio de 2020

A Xunta convida a máis de 370 profesionais da tecnoloxía e da investigación a achegar solucións novidosas á xestión hídrica a través do proxecto Innovaugas, dotado con 7 millóns de euros

A Xunta de Galicia convidou hoxe a máis de 370 profesionais da tecnoloxía e da investigación a achegar solucións novidosas á xestión hídrica a través do proxecto ‘Innovaugas 4.0’, dotado con 7 millóns de euros.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.