Ver a versión en liña

Convocatoria de axudas COVID-19 de CDTI

O CDTI abriu este luns 11 de maio unha nova liña de axudas para proxectos de I+D e investimento fronte á COVID-19.

Dotada con 12 millóns de euros, está enfocada a proxectos que busquen:
  • incrementar a dispoñibilidade dos produtos considerados de emerxencia,
  • contribuír a mellorar o tratamento da enfermidade na actual pandemia,
  • contribuír a mellorar o diagnóstico e o manexo clínico de pacientes infectados,
  • contribuir ao deseño, desenvolvemento e implantación de medidas de saúde pública para unha resposta eficaz á epidemia.
Tipos de proxectos subvencionables, beneficiarios e prazo de finalización
  • Proxectos individuais de I+D de investigación industrial e/ou desenvolvemento experimental. Dirixidos a empresas ou centros tecnolóxicos e de apoio á innovación, terán que finalizar o 31 de outubro de 2021.
  • Proxectos individuais de investimento para a fabricación de produtos realizados por empresas. Dirixidos a empresas, terán que finalizar o 31 de outubro de 2020.
Tes máis información sobre a convocatoria neste enlace.
Contía das axudas e prazo de presentación
O A subvención máxima por entidade é de 500.000 euros, ata o 80% do orzamento elixible (que poderá chegar ata os 625.000 euros nas dúas categorías).

O prazo de presentación está aberto ata o 15 de decembro de 2020 ou ata o esgotamento dos fondos.

ATENCIÓN : Próximo peche de convocatorias de Gain
En virtude da Orde publicada o pasado luns 11 de maio pola que se reanudan os prazos das convocatorias da Consellería de Economía, Emprego e Industria publicadas antes da declaración do estado de alarma, nos vindeiros días pechan algunhas liñas de axuda da Axencia Galega de Innovación. Entre as inminentes atópanse:
  • fortalecemento de Centros de Xeración de Coñecemento,
  • creación de Unidades Mixtas de Investigación e
  • consolidación de Unidades Mixtas de Investigación.
Pechan todas elas o prazo de solicitude o vindeiro luns 18 de maio.

Novas

Novas

11 de Maio de 2020

A Xunta destina preto de 2,8M€ á internacionalización da I+D+I galega co apoio á súa participación no Programa Europeo H2020

A Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Axencia Galega de Innovación (Gain), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) a convocatoria para este ano das axudas por preto de 2,8 millóns de euros para impulsar a internacionalización da I+D+i galega fomentando a participación no programa marco de investigación e innovación da Unión Europea, Horizonte 2020 (H2020).
Ler máis

08 de Maio de 2020

A Xunta apoia o desenvolvemento de oito solucións innovadoras ante o covid-19 que promoven pemes e universidades galegas

O Consello da Xunta, na súa reunión desta mañá, aprobou impulsar o desenvolvemento de oito solucións innovadoras ante o COVID-19 que poidan ser transferibles ao sector da saúde, a industria ou o comercio. Destinaranse preto de 750.000 euros para colaborar na execución destes proxectos.
Ler máis

 

Logo_RIS3

 

Enderezo

Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela

informa.gain@xunta.gal

 

Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.