O Programa Re-acciona é unha iniciativa conxunta do IGAPE e de Gain que inclúe axudas para contratar servizos de desenvolvemento estratéxico, profesionalización, innovación e dixitalización por parte de empresas galegas. Este ano incorpora como novidadetres novos servizos de apoio dentro da carteira de innovación:
Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores.
Protección da innovación.
Asesoramento para o financiamento da innovación.
O prazo de solicitude pecha o vindeiro 2 de xullo.
Tres novos servizos de apoio vinculados coa innovación
A través de empresas prestadoras de servizos especializadas, as pemes galegas poderán desenvolver proxectos de mellora en distintos ámbitos. Nesta edición, Gain colabora co IGAPE, entidade xestora do programa, en poñer a disposición das empresas galegas tres novos servizos de apoio:
Deseño e lanzamento de produtos e servizos innovadores
Dirixido á implantación de metodoloxías de deseño para a xestión estratéxica do mesmo, co obxectivo de desenvolver novos produtos, novos servizos e novos procesos de negocio nas pemes galegas, a través do uso de metodoloxías de deseño estratéxico.
Protección da innovación
Dirixido á protección da propiedade industrial en Galicia, tanto a nivel nacional como internacional, para garantir a plena explotación dos resultados das nosas innovacións mediante a protección das innovacións técnicas (invencións) e as creacións de forma (deseños industriais).
Asesoramento para o financiamento da innovación
Dirixido a establecer unha estratexia para á obtención de financiamento para as súas actividades de I+D+i, en especial a través do sistema estatal e autonómico de incentivos fiscais.
A dita estratexia formalizarase nun Plan de financiamento da I+D+i, cun foco amplo que abarca os diferentes instrumentos de apoio á innovación.
A Xunta activará unha aceleradora de innovación específica para proxectos que acheguen solucións fronte á covid-19
O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, informou esta tarde, durante un encontro telemático sobre os apoios a proxectos innovadores para pemes, que a Xunta vai activar unha aceleradora de innovación específica para iniciativas que acheguen solucións fronte á covid-19.
Rúa Airas Nunes, S/N (Conxo) 15702 Santiago de Compostela
informa.gain@xunta.gal
Se non desexa recibir este boletín pode vostede darse de baixa pinchando neste enlace ou enviando un mail a informa.gain@xunta.es dende a conta na que desexe anular a suscrición.